A dinastía iamkhad, foi unha antiga familia real amorrea fundada en c. -1810[1] por Sumu-Epud de Iamkhad que tivo a súa capital na cidade de Alepo en Siria[2]. Aínda que orixinalmente era unha dinastía local, a familia estendeu a súa influencia a través das accións do seu enérxico gobernante Iarim-Lim I, que a converteu na familia máis influente do Levante por medios tanto diplomáticos como militares. No seu punto álxido a dinastía controlaba a maior parte do norte de Siria e a provincia da moderna Turquía de Hatay cunha rama menor gobernando a cidade de Alalakh (Terra de Mukish).
A dinastía foi expulsada durante unha breve ocupación hitita de Alepo a principios do século -XVI pero recuperou o trono e expandiu o reino de novo antes de ser expulsados de Alepo polos mitanni en c. -1525. Idrimi, un membro da dinastía, foi quen de conquistar Alalakh legándoa aos seus descendentes ata que o último deles foi destronado polo rei hitita Suppiluliuma I en c. -1344.
A poboación de Iamkhad era predominantemente amorita e tivo unha típica cultura siria da Idade do Bronce. Iamkhad tamén foi habitado por unha substancial poboación hurrita que se asentou no reino, engadindo a influencia da súa cultura. Iamkhad controlou unha ampla rede comercial xa que era o paso entre o altoplano iraniano no leste e o mar Exeo no oeste. No rei adorábanse as tradicionais divindades semíticas do noroeste e a súa capital Halab foi considerada santa entre outras cidades sirias debido ao culto de Hadad, que foi recoñecido como a principal divindade do norte de Siria[3].
Pouco de Halab foi escavado polos arqueólogos, pois nunca foi abandonada durante a súa longa historia e a cidade moderna está situada sobre o mesmo lugar que ocupaba a cidade antiga[4]. Por tanto, moito do coñecemento sobre Iamkhad vén das taboíñas descubertas en Alalakh e Mari[5].
Con toda probabilidade Iamkhad era un nome tribal[6][7][8]. A dinastía entrou nos rexistros históricos cando se mencionou ao seu fundador Sumu-Epuh como un inimigo nas inscricións de Iahdun-Lim de Mari[9]. Sumu-Epuh enfrontouse a inimigos perigosos, o máis importante deles Shamshiadad I de Asiria e morreu nunha das batallas[10]. O seu sucesor Iarim-Lim I foi quen de derrotar a todos os seus inimigos converténdose en gran rei, durante o seu reinado aliouse con Hammurabi de Babilonia, e a dinastía converteuse na familia máis influente do Levante, cos exércitos de Iamkhad combatendo en lugares tan afastados como Diniktum, no sur de Mesopotamia, preto das fronteiras de Elam[11][12]. Os matrimonios dinásticos xogaron un papel na política da dinastía e incluíron a membros de familias reais de moitos reinos como Ebla e Mari, cuxo rei Zimri-Lim estaba casado con Shibtu, a filla de Iarim-Lim I[13][14].
Hammurabi I (re. c. -1764), fillo de Iarim-Lim I, gobernou un reino próspero. A hexemonía da dinastía mantívose sen rival e conseguiu anexionar Karkemish como vasalo[15]. O seu sucesor Abba-El I colocou ao seu irmán máis novo Iarim-Lim no trono de Alalakh en c. -1735, creando así unha rama menor da dinastía baixo a hexemonía do gran rei en Alepo[16].
A liña de grandes reis en Alepo continuou mantendo a hexemonía sobre os outros reinos sirios. Abba-El I foi sucedido polo seu fillo Iarim-Lim II, cuxo reinado non está ben documentado, e os seus sucesores Niqmi-Epuh e Irkabtum combateron cos principados hurritas e garantiron o dominio do reino no norte[17][18]. O curto reinado de Hammurabi II estivo seguido polo de Iarim-Lim III, que derrotou a Qatna, vello rival da dinastía, pero o perigo veu do norte ao lanzar o rei hititaHattusili I unha serie de campañas destrutivas contra os aliados do reino comezando por Alalakh, que caeu en c. -1650[19]. A guerra continuou durante moitos anos até acabar co saqueo de Alepo e a captura de Hammurabi III en c. -1600[20] por Mursili I, o sucesor de Hattusili[21][22].
Tras o asasinato de Mursili, Sarra-El, un príncipe e posíbel fillo de Iarim-Lim III, recuperou Alepo e gobernou un reino moito máis pequeno que de novo incluía Alalakh[23][24]. Foi sucedido no trono polo seu fillo Abba-El II, e posteriormente polo seu neto Ilim-Ilimma I, que foi o último membro da dinastía en gobernar Alepo como rei, tras ser asasinado en c. -1525[25][26], o que puxo fin ao reino de Iamkhad[27].
Dúas ramas menores gobernaron Alalakh. A primeira delas foi fundada por Iarim-Lim, fillo de Hammurabi I, en c. -1735. Tivo un reinado especialmente longo do mesmo xeito que o seu sucesor Ammitakum, que comezou o seu reinado a principios do reinado de Niqmi-Epuh e morreu pouco antes do saqueo de Alalakh[28]. Ammitakum reafirmou a súa autonomía de Iamkhad sen declarar un reino independente, e nomeou o seu fillo o príncipe Hammurabi o seu sucesor en presenza de Iarim-Lim III, que non tomou parte en dita decisión[29]. Estes actos probabelmente xogaron un papel na decisión de Alepo de non enviar reforzos para protexer Alalakh dos hititas, que a saquearon e acabaron coa primeira rama gobernante en c. -1650[30].
A segunda rama estableceuna Idrimi, fillo de Ilim-Ilimma I, que conseguiu conquistar Alalakh sete anos despois da súa fuxida de Alepo, que caeu en mans do rei mitanniParsatatar[31]. Idrimi gobernou Alalakh e a súa área, que se chamou reino de Mukish, como un vasalo de Mittani, e existen rexistros de que atacou os hititas[32]. Sucedeuno o seu fillo Addu-nirari; e a este á súa vez o seu segundo fillo Niqmepa, que controlou Alepo como un vasalo de Mitani[33][34]. Sucedeuno Ilim-Ilimma II, que legou o reino ao seu fillo Itur-Addu, último rei da dinastía[35]. Itur-Addu aliouse con Nuhašša e Niya para facer fronte aos exércitos do rei hitita Suppiluliuma I, que derrotou a Itur-Addu e anexionou tanto Alepo como Alalakh en c. -1344[36][37].
Archi, Alfonso (1994). Orientalia: Vol. 63. [S.l.: s.n.].
Aruz, Joan; Graff, Sarah B.; Rakic, Yelena (2013). Cultures in Contact: From Mesopotamia to the Mediterranean in the Second Millennium BC. [S.l.]: Metropolitan Museum of Art. ISBN 978-1-58839-475-0.
Astour, M. C. (1969). Orientalia. 38. [S.l.]: Pontificium Institutum Biblicum.
Astour, Michael C. (1989). Hittite history and absolute chronology of the Bronze Age. [S.l.]: P. Åström. ISBN 978-91-86098-86-5.
Bryce, Trevor (2014). Ancient Syria: A Three Thousand Year History. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-964667-8.
Bryce, Trevor (2009). The Routledge Handbook of the Peoples and Places of Ancient Western Asia: The Near East from the Early Bronze Age to the Fall of the Persian Empire. [S.l.]: Routledge. ISBN 1134159080.
Bryce, Trevor (1999). The Kingdom of the Hittites. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-924010-4.
Burney, Charles (2004). Historical Dictionary of the Hittites. Lanham, Marilândia; Toronto; Oxford: The Scarecrow Press.
Charpin, Dominique (2010). Writing, Law, and Kingship in Old Babylonian Mesopotamia. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-10159-0.
Collins, Billie Jean (2007). The Hittites and Their World. [S.l.]: Society of Biblical Literature. ISBN 978-1-58983-672-3.
Collon, Dominique (1995). 'Ancient Near Eastern Art. Berkeley e Los Angeles: University of California Press. ISBN 978-0-520-20307-5.
Coogan, Michael David (2001). The Oxford History of the Biblical World. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-513937-2.
Dalley, Stephanie (2002). Mari and Karana: Two Old Babylonian Cities. [S.l.]: Gorgias Press. ISBN 1931956022.
Dawson, Tess (2009). Whisper of Stone: Natib Qadish: Modern Canaanite Religion. [S.l.]: John Hunt Publishing. ISBN 978-1-84694-190-0.
Edwards, Iorwerth Eiddon Stephen (1973). The Cambridge Ancient History - Vol. II Part 1 - The Middle East and the Aegean Region ca. 1800-1380 B.C. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-08230-7.
Feliu, Lluís (2003). The God Dagan in Bronze Age Syria. Leida e Nova York: BRILL. ISBN 90-04-13158-2.
Fleming, Daniel E. (2000). Time at Emar: The Cultic Calendar and the Rituals from the Diviner's Archive. [S.l.]: Eisenbrauns. ISBN 978-1-57506-044-6.
Frayne, Douglas (1990). Old Babylonian Period (2003–1595 BC). Toronto: University of Toronto Press. ISBN 978-0-8020-5873-7.
Freedman, David Noel; Myers, Allen C. (2000). Eerdmans Dictionary of the Bible. Amsterdã: Amsterdam University Press. ISBN 9053565035.
Fronzaroli, Pelio (2003). Semitic and Assyriological Studies. [S.l.]: Otto Harrassowitz Verlag. ISBN 978-3-447-04749-4.
Grabbe, Lester L. (2007). Ancient Israel: What Do We Know and How Do We Know It?. [S.l.]: A&C Black. ISBN 978-0-567-03254-6.
Green, Alberto Ravinell Whitney (2003). The Storm-god in the Ancient Near East. [S.l.]: Eisenbrauns. ISBN 978-1-57506-069-9.
Hamblin, William J. (2006). Warfare in the Ancient Near East to 1600 BC - Holy Warriors and the Dawn of History. Londres e Nova York: Routledge. ISBN 0-415-25589-9.
Hansen, Mogens Herman (2000). A Comparative Study of Thirty City-state Cultures: An Investigation. 21. [S.l.: s.n.] ISBN 978-87-7876-177-4.
Hawkins, John David (2000). Inscriptions of the Iron Age: Part 1. [S.l.]: Walter de Gruyter. ISBN 3110804204.
Heinz, Marlies; Feldman, Marian H. (2007). Representations of Political Power. [S.l.]: Eisenbrauns. ISBN 157506135X.
Insoll, Timothy (2011). The Oxford Handbook of the Archaeology of Ritual and Religion. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-923244-4.
Instituto Britânico (2005). Anatolian Studies, Volumes 55–57. Ancara: Instituto Britânico de Arqueologia en Ancara.
Kennedy, Hugh N. (2006). Muslim Military Architecture in Greater Syria. Leida e Nova York: BRILL. ISBN 90-04-14713-6.
Leick, Gwendolyn (2009). The Babylonian World. Londres e Nova Iorque': Routledge. ISBN 9780203946237.
Liverani, Mario (2013). The Ancient Near East: History, Society and Economy. [S.l.]: Routledge. ISBN 978-1-134-75091-7.
Matthiae, Paolo; Romano, Licia (2010). 6 ICAANE. [S.l.]: Otto Harrassowitz Verlag. ISBN 978-3-447-06175-9.
Melville, Sarah; Slotsky, Alice (2010). Opening the Tablet Box: Near Eastern Studies in Honor of Benjamin R. Foster. Leida e Nova York: BRILL. ISBN 90-04-18652-2.
Meyers, Eric M. (1997). The Oxford encyclopedia of archaeology in the Near East. 3. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-511217-7.
Nathanson, Michael (2013). Between Myth & Mandate. [S.l.]: Author House. ISBN 1491823100.
Necipoğlu, Gülru; Leal, Karen (2010). Muqarnas. Leida e Nova York: BRILL. ISBN 90-04-18511-9.
Nelson, Thomas (2008). The Chronological Study Bible. [S.l.]: Thomas Nelson Inc. ISBN 978-0-7180-2068-2.
Oldenburg, Ulf (1969). «The Conflict Between El and Ba'al in Canaanite Religion». Diss Ertationes. Leida e Nova York: Brill Archive.
Payne, Annick (2012). Iron Age Hieroglyphic Luwian Inscriptions. Atlanta, Geórgia: Society of Biblical Literature. ISBN 978-1-58983-658-7.
Pioske, Daniel (2015). David’s Jerusalem: Between Memory and History. [S.l.]: Routledge. ISBN 1317548914.
Podany, Amanda H. (2010). Brotherhood of Kings: How International Relations Shaped the Ancient Near East. [S.l.]: Oxford University Press. ISBN 978-0-199-79875-9.
Potts, D. T. (2012). A Companion to the Archaeology of the Ancient Near East. [S.l.]: John Wiley & Sons. ISBN 978-1-4443-6077-6.
Radner, Karen; Robson (2011). The Oxford Handbook of Cuneiform Culture. Oxford: OUP Oxford. ISBN 0199557306.
Ring, Trudy; Salkin, Robert M. ; Boda, Sharon La (1995). International Dictionary of Historic Places: Southern Europe. [S.l.]: Taylor & Francis. ISBN 978-1-884964-02-2.
Ring, Trudy; Watson, Noelle; Schellinger, Paul (2013). Southern Europe: International Dictionary of Historic Places. Londres e Nova York: Routledge. ISBN 978-1-134-25965-6.
Sasson, Jack M. (1969). The Military Establishments at Mari. [S.l.]: Gregorian Biblical BookShop.
Sicker, Martin (2000). The Pre-Islamic Middle East. [S.l.]: Greenwood Publishing Group. ISBN 0-275-96890-1.
Sicker, Martin (2003). The Rise and Fall of the Ancient Israelite States. [S.l.]: Greenwood Publishing Group. ISBN 978-0-275-98012-2.
Soldt, Wilfred Van (2000). «Syrian Chronology in the Old and Early Middle Babylonian Periods». Fondation assyriologique Georges Dossin. Akkadica. 119-120.
Steiner, Margreet L.; Killebrew, Ann E. (2013). The Oxford Handbook of the Archaeology of the Levant: c. 8000–332 BCE. Oxford: Oxford University Press.
Taracha, Piotr (2009). Religions of Second Millennium Anatolia. [S.l.]: Otto Harrassowitz Verlag. ISBN 978-3-447-05885-8.
Teissier, Beatrice (1996). Egyptian Iconography on Syro-Palestinian Cylinder Seals of the Middle Bronze Age. [S.l.]: Saint-Paul. ISBN 3525538928.
Thomas, David Winton (1967). Archaeology and Old Testament study: jubilee volume of the Society for Old Testament Study, 1917–1967. [S.l.]: Clarendon P.
Toorn, K. Van Der (1996). Family Religion in Babylonia, Ugarit and Israel. Leida e Nova York: BRILL. ISBN 9004104100.
Wossink, Arne (2009). Challenging Climate Change: Competition and Cooperation Among Pastoralists and Agriculturalists in Northern Mesopotamia (c. 3000-1600 BC). [S.l.]: Sidestone Press. ISBN 9088900310.
Wu, Yuhong (1994). A Political History of Eshnunna, Mari and Assyria During the Early Old Babylonian Period: From the End of Ur III to the Death of Šamši-Adad. [S.l.: s.n.].
Young, Gordon Douglas (1981). Ugarit in Retrospect. [S.l.]: Eisenbrauns. ISBN 0931464072.
Zohar, Tsevi; Zohar, Zvi (2013). Rabbinic Creativity in the Modern Middle East. [S.l.]: A&C Black. ISBN 978-1-4411-3329-8.