Epónimo | Mbale (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Leste (pt) | ||||
Capital | Mbale (pt) | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Língua nyole (pt) Língua gwere (pt) Língua masaba (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.467 km² | ||||
ISO 3166-2 | UG-209 | ||||
Sitio web | mbale.go.ug |
Mbale District é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa cidade principal, Mbale.
Limita co distrito Sironko polo norte, co distrito Bududa polo nordeste, co distrito Manafwa polo sueste, co distrito Tororo polo sur, co distrito Butaleja polo suroeste, co distrito Budaka polo oeste, e cos distritos Pallisa e Kumi polo noroeste.
Posúe unha área de 2.467 km2. Os distritos de Bududa, Manafwa e Sironko formaban parte do Distrito Mbale antes de se separaren para formar distritos diferentes.
Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 332.200 habitantes. O 92% da poboación pertence ao rural. Os principais grupos étnicos do distrito son os bamasaba e os bagisu. A principal lingua é o lugisu, tamén chamada lumasaba.
A principal actividade económica do distrito é a agricultura.
A Universidade Islámica en Uganda (IUIU) ten base na cidade de Mbale.
Mbale foi formalmente irmandada con Pontypridd, Gales a través de diversas cerimonias no 2005. A irmandade fíxose con fin de ligar profesionais e organizacións de Gales cos seus homólogos en África, baixo o auspicio caritativo de PONT (Partnerships Overseas Networking Trust).[1]