Distritos de RuandaDistritos de Ruanda entre 2002 e 2006
As provincias de Ruanda divídense nun total de 30 distritos que se fraccionan á súa vez en sectores ( imirenge, sing. umurenge), e estes en células ( utugali, sing. akagali) e no chanzo inferior sitúanse as aldeas ( imidugudu, sing. umudugudu).
Cada distrito conta cun consello de distrito electo que elixe un alcalde como cabeza do executivo do distrito . O consello é o responsable da execución dos plans económicos e de desenvolvemento do goberno. Non obstante, dende xaneiro de 2020 os tres distritos da cidade de Kigali [1], unha das provincias de Ruanda, deixaron de ser entidades legais separadas, con administradores executivos no canto de alcaldes e designados polo goberno nacional[2].
En lingua kiñaruanda ao distrito denomínase akarere en singular e uturere en plural.
Antes de 2002, Ruanda dividíase en prefecturas, subprefecturas (por veces denominadas distritos)
[3] e 154 concellos (imijyi, sing. umujyi).[4]
No ano 2002 os concellos substituíronse por distritos e concellos ( akarere e umujyi)[5] mais en 2006 unificouse a división en distritos e reducíronse de 106 a 30[5].
↑Des Forges, Alison (1999). Leave None to Tell the Story: Genocide in Rwanda – Butare: "Workers who want to work for their country". Human Rights Watch.
↑Brown, Gillian; Cliffe, Sarah; Guggenheim, Scott; Kostner, Markus; Opper, Susan (xullo de 2002). "A Tale of Two Projects: Community-Based Reconstruction in East Timor and Rwanda"(pdf). Social Funds Innovation Update – Volume 2 No. 4. Social Funds thematic group of the Human Development Network – Social Protection, The World Bank.