Djurgården IF Hockey | |
---|---|
Fundación | 1922 |
Cidade | Estocolmo, Estocolmo Suecia |
Estadio | Hovet (8.094 espectadores) |
Liga | SHL |
Campionatos | 6 (na Elitserien) |
Propietario(s) | Jan Ednertz |
Director | Charles Berglund |
Adestrador | Charles Berglund |
Cores | Amarelo, vermello e azul |
Na rede | |
http://www.difhockey.se/ | |
O Djurgården Hockey é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Estocolmo (Suecia). Foi fundado en 1922 coa axuda de Wilhelm Arwe, e desde aquela converteuse no equipo máis laureado de Suecia, gañando a Liga en 16 ocasións, se ben dende que esta pasou á denominación de SHL (1975) tan só puido facerse con 6 títulos, estando por detrás do Färjestad BK con 9 e empatado co Brynäs IF, tamén se proclamou campión europeo en dúas ocasións )1991 e 1992). Deste equipo saíron algúns dos mellores xogadores suecos deste deporte. Actualmente participa na Hockeyallsvenskan, a segunda categoría do hóckey sobre xeo en Suecia. Xoga os seus partidos como local no Hovet un estadio con capacidade para 8.094 espectadores.