(es) Dolmen de La Pastora | ||||
Tipo | dolmen | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | conxunto dolménico de Valencina de la Concepción e Castilleja de Guzmán | |||
Localización | ||||
División administrativa | Valencina de la Concepción, España | |||
| ||||
Características | ||||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 3 de xuño de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0000912 | |||
Historia | ||||
Estado de conservación | abandonado | |||
O dolmen de la Pastora é un monumento megalítico situado na vila andaluza de Valencina de la Concepción (Provincia de Sevilla).
Descuberto en 1860, trátase dun tholos cun longo corredor que termina cunha cámara circular ó fondo. A cuberta e o chan están construídos con grandes laxas; as súas paredes son de laxas de lousa que na cámara conforman unha falsa cúpula por aproximación de fiadas. O corredor divídese en tres tramos separados entre si por laxas sobresaíntes a modo de portas e chanzo. O tramo inicial conservouse moi mal co que desapareceu a cuberta e parte dos muros laterais. A orientación da súa entrada mirando cara a poñente é distinta ó resto de megálitos andaluces con acceso desde levante. Este dolmen está aberto a visitas.