(es) Dolmen de Viera | ||||
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | José Viera Fuentes (en) e Antonio Viera Fuentes (en) | |||
Parte de | Sitio dos dolmens de Antequera | |||
Localización | ||||
División administrativa | Antequera, España | |||
| ||||
Características | ||||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 18 de febreiro de 2009 | |||
Identificador | RI-51-0000254 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 6 de abril de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0000254 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 26 de xullo de 1923 | |||
Identificador | RI-51-0000254 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 12 de xullo de 1923 | |||
Identificador | RI-51-0000254 | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Neolítico | |||
Actividade | ||||
Propietario | Junta de Andalucía | |||
O dolmen de Viera é un monumento megalítico situado no concello de Antequera a 70 metros do dolmen de Menga e a 4 km do Tholos del Romeral.
O dolmen recibe o nome dos irmáns Antonio e José Viera, que o redescubriron en 1903 antes era chamada Cueva Chica. En 1923 é declarado Monumento Nacional. Está datado no ano 2000 a. C. e é o máis pequeno do conxunto megalítico de Antequera. É un dolmen dos chamados de corredor con cámara funeraria de planta rectangular e uns 21 metros de lonxitude, a galería é cuberta. A cámara está dividida en dous tramos á que se chega por unha porta traballada de forma de fiestra rectangular. O solsticio ilumina o seu interior.[1]
O ancho interior vai dos 1,30 m nos tramos iniciais aos 1,60 m no treito final. Os laterais da cámara estaban formados por 16 ortóstatos, dos que se conservan 14 no lado esquerdo e 15 do dereito, na cabeceira hai unha soa lousa.
Da cuberta só se conservan cinco lousas íntegras e anacos doutras dúas. A altura interior media da cámara é de pouco máis de 2 m. O dolmen está baixo un túmulo e está orientado ao levante acimut de 96 graos, lixeiramente cara ao sur do leste.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dolmen de Viera |