En bioloxía o dominio cremalleira de leucina básica (dominio bZIP) encóntrase en moitas proteínas eucariotas que se unen ao ADN. Unha parte do dominio contén unha rexión que media propiedades de unión ao ADN específicas de secuencia e a cremalleira de leucina que se require para manter xuntas (dimerizadas) as dúas rexións de unión ao ADN. A rexión de unión ao ADN comprende varios aminoácidos básicos como a arxinina e a lisina. As proteínas que conteñen este dominio son factores de transcrición.[1][2]
Os factores de transcrición bZIP encóntranse en todos os organismos. Un estudo evolutivo recente revelou que había 4 xenes bZIP no xenoma do antepasado común máis recente de todas as plantas.[3] As interaccións entre os factores de transcrición bZIP xogan un importante papel no desenvolvemento do cancro[4] nos tecidos epiteliais, na síntese de hormonasesteroides polos tecidos endócrinos,[5] nos factores que afectan ás funcións reprodutivas,[6] e noutros fenómenos que afectan á saúde humana.
OPAQUE2 (O2). Factor de transcrición do xene zein 22-kD que codifica unha clase de proteínas de almacenamento no endosperma dos grans de millo (Zea Mays).
↑Ellenberger T (1994). "Getting a grip in DNA recognition: structures of the basic region leucine zipper, and the basic region helix-loop-helix DNA-binding domains.". Curr. Opin. Struct. Biol.4 (1): 12–21. doi:10.1016/S0959-440X(94)90054-X.
↑Hurst HC (1995). "Transcription factors 1: bZIP proteins". Protein Profile2 (2): 101–68. PMID7780801.
↑Vlahopoulos SA, Logotheti S, Mikas D, Giarika A, Gorgoulis V, Zoumpourlis V (2008). "The role of ATF-2 in oncogenesis". BioEssays30 (4): 314–27. PMID18348191. doi:10.1002/bies.20734.
↑Manna PR, Dyson MT, Eubank DW, Clark BJ, Lalli E, Sassone-Corsi P, Zeleznik AJ, Stocco DM (2002). "Regulation of steroidogenesis and the steroidogenic acute regulatory protein by a member of the cAMP response-element binding protein family". Mol. Endocrinol.16 (1): 184–99. PMID11773448. doi:10.1210/me.16.1.184.
↑Hoare S, Copland JA, Wood TG, Jeng YJ, Izban MG, Soloff MS (1999). "Identification of a GABP alpha/beta binding site involved in the induction of oxytocin receptor gene expression in human breast cells, potentiation by c-Fos/c-Jun". Endocrinology140 (5): 2268–79. PMID10218980. doi:10.1210/en.140.5.2268.