Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1960 Xibraltar |
País de nacionalidade | británica |
Educación | Universidade de Essex |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Pai | Jon Morgan Searle |
Premios | |
Dominique Searle, MBE, nado o 2 de abril de 1960 é un xornalista de Xibraltar, fillo do tamén xornalista Jon Morgan Searle.[1] Está casado e ten tres fillos.[2]
Searle naceu en Xibraltar, no vello St. Bernard's Hospital, onde a súa nai traballaba. Foi un dos primeiros alumnos admitidos na Bayside Comprehensive School. O seu primeiro traballo foi na cafetaría House of Sacarello.[2]
Tras o seu tempo en Bayside, Searle viaxou ao Reino Unido para estudar na Universidade de Essex, onde se formou en Literatura, e gañou un máster en Socioloxía da Literatura. Essex tamén foi onde coñeceu á súa esposa, Sattie. En 1984, a parella volveu para Xibraltar, onde Searle comezou a traballar para o Gibraltar Chronicle. En 1996, converteuse en editor do xornal, substituíndo a Francisco Cantos.[2][3]
En 2004, durante o tricentenario do Xibraltar británico,[4] Searle recibiu un MBE polo seu traballo no Chronicle.[2]