Don Camillo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Don Camillo |
Director | Terence Hill |
Produtor | Terence Hill |
Guión | Lori Hill, baseado nos contos de Giovanni Guareschi |
Intérpretes | Terence Hill, Colin Blakely, Mimsy Farmer, Andy Luotto, Allan Arbus, Joseph Ragno, Jennifer Hingel, Ross Hill |
Música | Pino Donaggio |
Fotografía | Franco Di Giacomo |
Montaxe | Jack Fitzstephens, Camilla Toniolo |
Estrea | 1983 |
Duración | 126 minutos |
Orixe | Italia |
Xénero | comedia |
Na rede | |
Don Camillo é unha película de 1983, dirixida e protagonizada por Terence Hill.
É un remake da película de 1952 dirixida por Julien Duvivier, pero ambientada na Italia dos anos 80. A historia desenvólvese en Pomponesco.
Existe unha versión máis longa para a televisión, de dúas horas e media.
Don Camillo é o cura párroco de Pomponesco, vila que vén de elixir un alcalde comunista. O alcalde e o cura coñécense desde novos, e na película móstranse unha serie de disputas de todo tipo entre eles, a maioría delas solucionadas de xeitos que desagradan a Xesucristo e o bispo.