(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1953 (71 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Manuela Beltrán |
Actividade | |
Ocupación | guionista, novelista, escritor |
Período de actividade | 1993 - |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Arquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon |
Sitio web | don-winslow.com |
|
Don Winslow, nado en Nova York o 31 de outubro de 1953, é un escritor estadounidense recoñecido polas súas novelas negras e de crime e misterio.
Estudou xornalismo e historia africana na Universidade de Nebrasca. En Suráfrica traballou como xornalista e investigador na Universidade de Cidade do Cabo e despois comezou a residir en Julian, California. Foi detective privado e guionista de cine e televisión, e dúas das súas obras foron levadas ao cine.[1]
En entrevistas realizadas en 2010, mantén o criterio segundo o cal só a legalización das drogas pode reducir o narcotráfico, e os Estados Unidos actúa en México contra a droga coa mentalidade coa que loitou en Vietnam.[2][3][4]
En 2015 obtivo o IX Premio RBA de Novela Policíaca pola súa obra The Cartel, continuación da súa aclamada novela de 2005 The Power of the Dog.[5]