Dong Fang Hong 1 | |
---|---|
![]() Reprodución do Dong Fang Hong 1 | |
Tipo | Experimental. |
Organización | CAST |
Destino actual | Retirado. |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 24 de abril de 1970[1][2][3] |
Foguete portador | CZ-1[2][3][4] |
Sitio de lanzamento | Centro de lanzamento de Jiuquan[2][5] |
Obxectivo da misión | Experimental.[2] |
NSSDC ID | 1970-034A |
Masa | 173 kg[2][5] |
Dimensións | Poliedro de 1 m de diámetro.[5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7626,2 km[1] |
Inclinación | 68,4 graos[1] |
Apoapse | 438,8 km[1] |
Periapse | 2071,5 km[1] |
Dong Fang Hong 1, tamén coñecido polo seu acrónimo DFH-1, foi o primeiro satélite artificial lanzado pola China. Engalou a bordo dun foguete CZ-1 o día 24 de abril de 1970 desde o centro de lanzamento de Jiuquan, facendo da China o quinto país en poñer un satélite en órbita polos seus propios medios.[2][5]
DFH-1 lanzouse como satélite de comunicacións experimental, cun radiotransmisor a bordo. A súa función principal foi reproducir a canción Don Fang Hong (O leste é roxo), símbolo da revolución maoísta.[2] Durou 26 días en órbita, nunha operación dirixida por Qian Xuesen.[6]
O satélite tiña forma de esfera dun metro de diámetro e estaba composto por sete subsistemas: estrutura, control térmico, enerxía, o transmisor da canción, a telemetría, o sistema de seguimento e o de medición de actitude. Estabilizábase mediante xiro e alimentábase exclusivamente mediante baterías. A canción transmitíase nunha frecuencia de 20,009 MHz. Deixou de transmitir en xuño de 1970.[2]