Dong Feng 5 | |
---|---|
Orixe | República Popular da China |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Dong Feng 5, tamén coñecido como DF-5, foi un mísil balístico intercontinental da República Popular da China comezado a ser desenvolvido nos anos 1960.
O obxectivo de desenvolver o DF-5 foi posuír un mísil capaz de chegar ata os Estados Unidos. Despregouse en cantidade moi limitada, pero foi a base da familia de foguetes espaciais Longa Marcha.
O mísil integraba o primeiro sistema de guía inercial desenvolvido pola China. Os primeiros voos do foguete tiveron lugar a principios dos anos 1970, pero non entrou en servizo ata 1981.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dong Feng 5 |