Dongbei Dianying Zhipianchang

Dongbei Dianying Zhipianchang
Tipoempresa produtora de cinema
Data de fundación1946
PaísRepública Popular da China
editar datos en Wikidata ]

O Dongbei Dianying Zhipianchang (en chinés simplificado 东北电影制片厂, literalmente Estudio de Cinema do Nordeste), tamén coñecido polo nome inglés Northeast Film Studio, foi un dos primeiros estudos cinematográficos do nordeste de China. Ao mesmo tempo, considérase o primeiro estudo cinematográfico creado expresamente por un partido comunista.

A rendición do Xapón e o final da Segunda guerra mundial levaron á disolución da Manchuria Motion Picture Corporation en 1946,[1] con sede en Changchun.[2] Células do Partido Comunista organizaron os sectores progresistas dos traballadores para garantir que non se perdese o material.[3] [4] As partes que pasaron a mans comunistas integráronse no Yan'an Film Studio e no Dongbei Dianying Zhipianchang,[3] que absorberían o Yan'an Studio o 1 de outubro de 1946, cando foi trasladado a a cidade de Hegang, que actualmente forma parte de Heilongjiang.[3]

Considérase que Dongbei Dianying Zhipianchang é o predecesor do actual Changchun Dianying Zhipianchang,[5] xa que o estudo sería trasladado de novo á cidade de Changchun en abril de 1949.[3]

A partir dese momento, separaríanse as divisións de cine e animación. Os animadores, sobre todo o grupo que traballou en películas como Huangdi Meng, trasladaríanse a Shanghai.[6] Alí os irmáns Wan, os talentos da Academia Central de Belas Artes, o Instituto de Arte de Suzhou e outros artistas de renome uniranse para crear o Shanghai Meishu Dianying Zhipianchang.[7]

  1. Shuk-ting, Kinnia (2009-09-11). Japanese and Hong Kong Film Industries: Understanding the Origins of East Asian Film Networks. Routledge. ISBN 9781135219475. 
  2. Zhang 1998, p. 18-19.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Semsel 1987, p. 18.
  4. Hwee, Song (2017-09-16). The Chinese Cinema Book. Bloomsbury Publishing. ISBN 9781844575800. 
  5. Zhang 1998, p. 226.
  6. A., John (2001). Animation in Asia and the Pacific. John Libbey. ISBN 9781864620368. 
  7. Chinese Animation: A History and Filmography, 1922-2012. McFarland. 2014-12-19. ISBN 9781476615523. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]