Dorayaki (xaponés: どら焼き, どらやき, 銅鑼焼き, ドラ焼き) é un tipo de doce xaponés que consiste de dous pequenos produtos semellante ás filloas, feitos de kasutera e envoltos cun recheo de anko (pasta de feixón doce azuki).
Orixinalmente só tiña unha capa, e a forma actual foi inventada no 1914 por Ueno Usagiya.
En xaponés, dora significa "gong", e este probablemente é a orixe do nome. Normalmente adoitan ser de pasta de feixón doce pero tamén poden ser de castaña. Prefírese comer xunto cunha bebida porque son secos; o complemento máis usado é o te.
O dorayaki é un dos doces ou pasteis típicos no Xapón. Na serie manga Doraemon aparece como a comida favorita de Doraemon. Na serie Anpanman hai un personaxe con cabeza de dorayaki que se chama Dorayakiman.
Entre os distintos tipos de Bollycao encóntrase o "Bollycao Dokyo", que é unha imitación do Dorayaki.