Dromiacea

Dromiacea
Rango fósil: Xurásico-Presente

Dromia dormia
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: 'Brachyura
De Haan, 1833
Superfamilias

Dromiacea é un grupo de caranguexos (Braquiúros), clasificado como sección. Contén 240 especies existentes e case 300 extintas.[1] Dromicea é a agrupación máis basal de cangrexos Braquiúros, que diverxe o máis cedo na historia evolutiva, ao redor do Triásico Final ou Xurásico Inicial. A continuación móstrase un cladograma que mostra a situación de Dromicea dentro de Brachyura:[2][3]

Dromiacea

Raninoida

Cyclodorippoida

Eubrachyura

Heterotremata

Thoracotremata

Braquiúros

Dromiacea

Raninoida

Cyclodorippoida

Eubrachyura

Heterotremata

Thoracotremata

As larvas de Dromiacea parécense máis ás dos Anomura que ás doutros caranguexos. Isto pode simplemente reflectir a súa posición basal na filoxenia dos caranguexos. A superfamilia Eocarcinoidea, que contén Eocarcinus e Platykotta, antes era considerada membro da Dromiacea, pero desde entón foi transferida aos Anomura. [4]

O rexistro fósil de Dromiacea remóntase polo menos até o Xurásico,[5] e, se Imocaris é un membro, até o Carbonífero.[6]

Dromiacea consta principalmente de dous grupos de superfamilias: Dromioidea e Homoloidea. Vexa o seguinte cladograma: [2]

Dromioidea

Dromiidae (pode ser parafilética)

Dynomenidae

Homoloidea

Homolidae (parafilética)

Latreilliidae

Dromiacea
Dromioidea

Dromiidae (pode ser parafilética)

Dynomenidae

Homoloidea

Homolidae (parafilética)

Latreilliidae

Estudos recentes descubriron que algunhas das familias poden non ser monofiléticas, senón parafiléticas .

  • A familia Dromioidea dos Dromiidae pode parafilética con respecto a Dynomenidae
  • A familia Homoloidea dos Homolidae é parafilética con respecto a Latreilliidae
  1. Sammy De Grave; N. Dean Pentcheff; Shane T. Ahyong; et al. (2009). "Unha clasificación dos xéneros vivos e fósiles de crustáceos decápodos" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1–109. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Ling Ming Tsang; Christoph D. Schubart; Shane T. Ahyong; Joelle C.Y. Lai; Eugene Y.C. Au; Tin-Yam Chan; Peter K.L. Ng; Ka Hou Chu (2014). "Evolutionary History of True Crabs (Crustacea: Decapoda: Brachyura) and the Origin of Freshwater Crabs". Molecular Biology and Evolution (Oxford University Press ) 31 (5): 1173–1187. doi:10.1093/molbev/msu068. 
  3. Wolfe, Joanna M.; Breinholt, Jesse W.; Crandall, Keith A.; Lemmon, Alan R.; Lemmon, Emily Moriarty; Timm, Laura E.; Siddall, Mark E.; Bracken-Grissom, Heather D. (24 de abril de 2019). "A phylogenomic framework, evolutionary timeline and genomic resources for comparative studies of decapod crustaceans". Proceedings of the Royal Society B 286 (1901). PMC 6501934. PMID 31014217. doi:10.1098/rspb.2019.0079. 
  4. Carrie E. Schweitzer, Sammy De Grave; N. Dean Pentcheff; Shane T. Ahyong; et al. (15-1-2022). "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1–109. doi:10.1007/s12542-010-0080-y. 
  5. J. W. Wägele. "On the influence of fishes on the evolution of benthic crustaceans". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research 27 (4): 297–309. doi:10.1111/j.1439-0469.1989.tb00352.x. 
  6. Frederick Schram & Royal Mapes (1984). "Imocaris tuberculata, n. gen., n. sp. (Crustacea: Decapoda) from the upper Mississippian Imo Formation, Arkansas". Transactions of the San Diego Society of Natural History 20 (11): 165–168. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.