Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Melfi, Italia (1059–1077) Salerno (1077–1130) | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1059 | |||
Disolución | 1130 | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía | |||
O Ducado de Puglia e Calabria foi un señorío normando establecido en 1059 co recoñecemento oficial, por parte do papa Nicolao II, do título ducal a Roberto Guiscardo de Hautrville. A súa capital estivo orixinariamente en Melfi pero, a partir de 1077, pasou a Salerno.[1]
En realidade, xa con anterioridade, en 1043, Guaimario V, príncipe de Salerno, fora aclamado duque de Puglia e Calabria, aínda que a lexitimidade deste título (ao non ser recoñecida oficialmente por ningún poder universal) podería considerarse xuridicamente dubidosa; de feito, en 1047, o emperador Henrique III interveu para reclamar o título ducal para si mesmo.[2]
O ducado comprendía unha gran parte do sur continental italiano, estendéndose polos territorios das rexións actuais de Puglia, Basilicata, Calabria, o lado adriático da Molise e as franxas orientais e meridionais da Campania.[3] Cando Roxerio II se converteu en rei en 1130, o ducado pasou a formar parte do Reino de Sicilia.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |