Duke University Press | |
---|---|
Tipo | editora universitária e editor de acceso aberto |
Data de fundación | 1921 |
Organización matriz | Universidade Duke |
Localización | |
Sede | Durham, Carolina do Norte |
Enderezo | 905 W Main St, Ste 18-B, Durham, NC 27701-2054 |
En | Durham, Carolina do Norte |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.dukeupress.edu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Duke University Press é unha editorial académica de libros e revistas e un departamento da Universidade Duke; publica arredor de 120 libros ó ano e máis de 40 revistas académicas, así como cinco coleccións electrónicas.[1] As súas publicacións atópanse principalmente dentro da área de humanidades e ciencias sociais, pero tamén é coñecida polas súas revistas de matemáticas.[2] A editorial foi fundada como Trinity College Press e William T. Laprade foi o seu primeiro director de 1922 a 1926.[3] Despois dunha reestruturación e expansión, o nome cambiouse a Duke University Press en 1926 e William K. Boyd foi nomeado director.[4]
Duke é unha das trece editoriais que participan no programa piloto Knowledge Unlatched (Abrir as portas ó coñecemento), un consorcio global de bibliotecas dirixido a conseguir un fondo de libros de acceso aberto.[5] Dukeachegou catro libros para a colección do programa piloto.[6]