Dulce Maria Cardoso

Modelo:BiografíaDulce Maria Cardoso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Fonte Longa, Portugal Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura e dereito Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, xurista Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm6444779 BNE: XX1769100 Editar o valor en Wikidata

Dulce Maria Cardoso, nada en Tras os Montes en 1964, é unha escritora portuguesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Fonte Longa, Carrazeda de Ansiães,[1] unha localidade ao noroeste de Portugal, aínda que pasou a súa infancia en Luanda, Angola. En 1975, cando tiña 11 anos, a súa familia volveu a Portugal xunto con medio millón de retornados que volvían logo da independencia das colonias portuguesas. A súa familia quedou en Lisboa e ela foise a vivir cos seus avós a unha pequena aldea preto de Mirandela.[2]

Graduouse na Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa e traballou como avogada antes de adicarse á escrita de maneira exclusiva.[3] Escribiu novelas e contos. A súa primeira novela, Campo de Sangue (2002), foi escrita por unha bolsa de creación literaria do Ministerio de Cultura portugués e obtivo o Premio Acontece.[4] A súa segunda novela, Os meus Sentimentos (2005) foi distinguida co Premio de Literatura da Unión Europea. A súa terceira novela, O Chão dos Pardais (2009), gañou o Premio Ciranda. A súa cuarta novela, O Retorno (2011),[5] recibiu o Premio especial da crítica en Portugal. Por esta obra o Estado francés outorgoulle a condecoración de cabaleiro da Orde das Artes e as Letras (2012).[6] Ademais, a súa tradución ao inglés en 2016 recibiu o premio English PEN Translates.

A antoloxía Tudo são histórias de amor (2013) reúne gran parte dos seus contos. Algúns deses textos forman parte tamén de antoloxías estranxeiras e o conto Anjos por dentro foi elixido para a antoloxía Best European Fiction 2012, publicada pola prestixiosa Dalkey Archive Press.[7]

En 2014 publicou o volume de historias infantís e xuvenís Lôá, a menina-Deus. En 2017 publicou Rosas, e en 2019, Eliete, unha reflexión sobre a memoria e as novas maneiras e usos da comunicación.[8]

En 2020 publicou La vida normal na que conta, a través da vida de tres mulleres de tres xeracións diferentes dunha mesma familia, como se transformaron coa mudanza de século as relacións sociais, sentimentais e familiares.[9]

Os seus libros foron traducidos a varias linguas e publicados en máis de vinte países. A súa obra é estudada en universidades de varios países e foi adaptada ao cinema e ao teatro.

  • Campo de Sangue; novela da Ed. Asa 2002
  • Os meus Sentimentos; novela da Ed. Asa 2005[10]
  • Até Nós; contos; Ed. Asa 2008
  • O Chão dos Pardais; novela da Ed. Asa 2009[11]
  • O Retorno; novela da Ed. Tinta da China 2011
  • A Bíblia de Lôá (infanto-xuvenil), Ed. Tinta da China, 2014 - Divídese en 2 volumes: Lôá e a véspera do primeiro dia e Lôá perdida no paraíso
  • Tudo são histórias de amor (contos), Ed. Tinta da China, 2014
  • Eliete - A Vida Normal, Ed. Tinta da China, 2018
  • Autobiografia Não Autorizada, Ed, Tinta da China, 2021
  1. "Cópia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 2016-09-17. Consultado o 2015-01-28. 
  2. Sevilla, Diario de (1 de xuño de 2019). "Dulce María Cardoso: "Tuve que inventarme otro yo con 11 años y eso me hizo escritora"". Diario de Sevilla (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2020. 
  3. "Dulce María Cardoso | Ed. La Umbría y La Solana". La Umbría y la Solana (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2020. 
  4. "Adriana Hidalgo Editora". adrianahidalgoeditora.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2018. Consultado o 12 de abril de 2020. 
  5. Barrio, Javier Martín del (27 de xaneiro de 2019). "“No me interesa la desgracia por la desgracia”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 12 de abril de 2020. 
  6. Sevilla, Diario de (2019-03-19). "Una inmersión en las letras portuguesas". Diario de Sevilla (en castelán). Consultado o 2021-04-30. 
  7. "Dulce Maria Cardoso | Planeta de Libros". PlanetadeLibros (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2020. 
  8. Patandi (1 de xuño de 2019). "Dulce María Cardoso: "'Eliete' es una radiografía de la familia en estos tiempos"". Gatrópolis (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2020. 
  9. ricardomartinezllorca (8 de abril de 2020). "La vida normal". Culturamas (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2020. 
  10. "Os Meus Sentimentos - Dulce Maria Cardoso - Ficção - TFM". www.tfmonline.de. Consultado o 2022-03-22. 
  11. "Cópia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 2014-12-16. Consultado o 2014-12-16.