A dulcina é un edulcorante que se obtén a partir da sacarosa, azucre común, por cloración de tres grupos hidroxilo. O seu poder edulcorante é 600, (2 veces o da sacarina e 3 veces o do aspartamo ). É estable en medio ácido polo que pode empregarse en bebidas tipo cola ou zumes de cítricos. Tamén é estable á temperatura á que se cocen ou esterilizan habitualmente.