Durrat Al Bahrein (en árabe: درة البحرين) é a terceira illa artificial máis grande de Bahrain, despois da Cidade do Norte e Diyar Al Muharraq. Atópase a 40,5 km o sur da capital, Manama.
As illas de Durrat Al Bahrain inclúe hoteis de cinco estrelas, un campo de golf de 18 buracos, 12 pontes e un porto deportivo.[1] O porto deportivo abranguerá tres das illas e cubrirá unha área aproximada de 0,7 km² cun custe de 1,3 billóns de dólares estadounidenses.
En 2002, establecéronse os plans para levar a cabo o proxecto. A construción comezou en 2004. En febreiro de 2008, as obras de construción foron interrompidas logo de que máis de 1 300 traballadores se negasen a traballar por mor dunha disputa sobre o seu soldo. Os traballadores que operaban nun campo de obra no sitio de desenvolvemento declaráronse en folga esixindo mellores salarios e queixándose das malas condicións de vida.[2][3][4][5] A folga foi cancelada pouco despois.[6]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Durrat Al Bahrain ![]() |