Dytiscus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
D. latissimus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Dytiscus (que significa pequeno mergullador', do grego δυτικός, "que pode mergullarse" e o sufixo diminutivo -ίσκος) é unha especie de escaravellos da familia dos ditíscidos de distribución holártica de costumes predadoras e mergulladoras, que vive en zonas húmidas e lagoas. Hai 26 especies neste xénero, distribuídas en Europa, Asia e norte de África e América Central. Son predadores que poden reducir a cantidade de larvas de mosquito.
Os Dytiscus son grandes escaravellos acuáticos cun corpo robusto e redondeado, que miden de 2,2 a 4,4 cm de longo dependendo da especie de que se trate.[1] O máis grande, D. latissimus, está entre as especies máis grandes da familia e o seu tamaño só é igualado por certos Megadytes.[1] Os tarsos dos machos están modificados formando ventosas que usan para agarrar as femias durante o apareamento. As femias son xeralmente máis longas que os machos e poden ser de dúas formas segundo os élitros: con élitros con canles (sulcados) ou con élitros lisos. Os machos só teñen élitros lisos. Os adultos da maioría das especies poden voar.
Os adultos e as larvas son acuáticos, pero as pupas pasan a súa vida en terra. As femias poñen ovos dentro do tecido de plantas acuáticas, como xuncos. Os ovos fan eclosión nunhas tres semanas.
As larvas son alongadas cunha cabeza redonda e plana e fortes mandíbulas. Son predadores e as súas mandíbulas teñen canles no seu bordo interno a través das cales poden succionar os fluídos corpoarais das presas. As larvas toman aire desde a superficie da auga usando pelos ao final do abdome, que conducen aos espiráculos nos cales se capta o aire.
Unha vez que as larvas medran ata certo tamaño, trasládanse ao chan á beira da auga e entérranse nunha cela e pupan.
Os adultos respiran subindo á superficie e poñéndose boca arriba. Recollen aire cos élitros e poden respirar o aire recollido usando os espiráculos que están agochados baixo os élitros.
En Dytiscus marginalis e outras especies o tarso das patas anteriores está modificado nos machos formando unha ventosa circular. Tamén teñen unha ventosa máis reducida na pata media do macho.[2]
Os ovos de Dytiscus son ás veces parasitados por avespas das familias Eulophidae, Mymaridae e outras Chalcidoidea.[3][4]
Dysticus contén as seguintes especies:[5]
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dytiscus |