Biografía | |
---|---|
Morte | 839 |
Dalriada | |
837 – 839 ← Drest IX – Uurad → | |
Familia | |
Pai | Óengus II |
Uuen (Wen) ou Eogán en gaélico (xeralmente referido co hipocorístico Eóganán) foi un rei dos pictos dende 837 até 839. Uuen era fillo de Onuist II [fillo de] Uurguist [Wrguist] (en gaélico: Óengus II mac Fergusa, morto en 834) e sucedeu ó seu curmán Drest mac Caustantín como rei en 836 ou 837. A única mención a Uuen nos anais irlandeses é a da súa morte, xunto co seu irmán Bran e "Áed mac Boanta, e outros case innumerables" na batalla dos homes de Fortriu contra os viquingos en 839.[1] Esta derrota semella que supuxo a fin dun século de dominio entre os pictos dos descendetes de Onuist I [fillo de] Wrguist (en gaélico: Óengus I mac Fergusa).[2]
Predecesor: Drest IX |
Rei dos pictos 837 - 839 |
Sucesor: Uurad |