EROS (satélites)

EROS (acrónimo de Earth Resources Observation Satellite) é o nome dunha serie de satélites artificiais para observación terrestre operados pola empresa ImageSat International.[1][2][3]

EROS-A 1 e 2

[editar | editar a fonte]

EROS-A 1 lanzouse o 5 de decembro de 2000 a bordo dun foguete Start-1 a unha órbita heliosincrónica de 480 km de altura. Estaba baseado nos satélites militares Ofeq 3 e 4 e tiña unha masa de 250 kg ao lanzamento. A bordo levaba unha cámara capaz de fotografar franxas de 13,5 km de longo cunha resolución de 1,8 m. O satélite reentrou na atmosfera o 7 de xullo de 2016. Eros-A 2 non chegou a lanzarse e foi cancelado.[4]

EROS-B lanzouse o 25 de abril de 2006, tamén a bordo dun Start-1. Cunha aparencia similar á de EROS-A, tiña unha resolución moi superior, de ata 0,7 m a unha altura de 500 km. Estaba baseado nos satélites Ofeq 5. Planificáronse tres unidades máis deste modelo que foron finalmente canceladas.[5]

EROS-C, lanzado o 39 de decembro de 2022 a bordo dun Falcon 9, ten maior resolución e capacidades que EROS-B. Cunha masa duns 400 kg, utiliza o bus OPTSAT-3000 e ten unha resolución de 0,30 m en imaxes pancromáticas e de 0,60 en imaxes multiespectrais.[6]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5][6] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6] Notas<[1][2][3][4][5][6]ref name=astronautix/>
EROS-A 5 de decembro de 2000 Start-1 Éxito
EROS-B 25 de abril de 2006 Start-1 Éxito
EROS-C 30 de decembro de 2022 Falcon 9 Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "EROS-A 1, 2" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2020). "EROS B" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Mark Wade (2020). "EROS C" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EROS-A 1, 2" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EROS B" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2023. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EROS C3-1, C3-2" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]