EXOS D / Akebono | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | En órbita, fóra de servizo.[1] |
Data de lanzamento | 21 de febreiro de 1989, 23:30 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | M-3S-2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kagoshima[2] |
Obxectivo da misión | Estudo dos fenómenos aurorais e da magnetosfera e ionosfera terrestres.[2] |
NSSDC ID | 1989-016A |
Masa | 294,0 kg[2][6] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 8770 km[1] |
Inclinación | 75,1 graos[1] |
Apoapse | 4530,5 km[1] |
Periapse | 269,3 km[1] |
EXOS D (Exospheric Satellite D), tamén denominado Akebono, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 21 de febreiro de 1989 mediante un foguete M-3S-2 desde o Centro Espacial de Kagoshima.[2][5]
A misión de EXOS D foi estudar as rexións de aceleración por encima das zonas aurorais para mellorar a comprensión do mecanismo de aceleración e a súa relación coas subtormentas. O satélite estabilizábase por rotación, a 7,5 r.p.m. O control de actitude era levado a cabo magneticamente, co eixo da nave apuntando ó Sol. O ordenador de a bordo permitía automatizar a secuencia de toma de datos para unha semana completa. Tiña forma de cilindro octogonal cunhas medidas de 100 cm de alto e 126 cm de longo entre caras, cun par de antenas de 30 m de longo e dous mastros de 5 e 3 m. O centro de control e recepción de telemetría do satélite estaba en Kagoshima, con estacións secundarias en Syowa (Antártida) e Príncipe Alberto (Canadá).[1][2][3][6][7]
EXOS D levaba a bordo os seguintes instrumentos:[2][5]