Eagulls | |
---|---|
![]() Eagulls en 2011 | |
Orixe | Leeds, ![]() |
Período | 2010 - presente |
Xénero(s) | post-punk |
Selo(s) discográfico(s) | Partisan Records |
Membros | Mark 'Goldy' Goldsworthy Henry Ruddel Liam Matthews Tom Kelly George Mitchell |
Na rede | |
http://www.eagulls.co.uk/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Eagulls é unha banda inglesa de post-punk formada en Leeds no ano 2010.[1] O grupo está composto por Mark Goldsworthy (guitarra), Henry Ruddel (batería), Liam Matthews (guitarra), Tom Kelly (baixo) e George Mitchell (voces).[2][3]
Eagulls formouse en 2010 e publicou o seu primeiro sinxelo, "Council Flat Blues", a través no selo de Moshi Moshi Records Not Even Records. O seu primeiro EP, Eagulls, gravado por MJ da banda Hookworms, foi publicado en 2012 tanto polo selo londiniense Sexbeat como polo canadense Deranged Records. No ano 2013 o grupo asinou un contrato con Partisan Records, publicando o sinxelo "Nerve Endings" cunha versión do tema de Killing Joke "Requiem", e o sinxelo "Tough Luck". O seu primeiro álbum, Eagulls, publicouse en marzo de 2014.
A banda recibiu a atención continua de certos medios, tanto nacionais como internacionais. Foron elixidos a "New Favourite Band" en 2013 por Steve Lamacq da emisora BBC Radio 6.[4] Tocaron polo Reino Unido e Europa ao lado de destacados artistas como Manic Street Preachers, Flipper, Milk Music, Ceremony, Iceage, Hot Snakes e Pulled Apart By Horses, e nos Estados Unidos tocaron nos festivais South by Southwest en Texas e CMJ de Nova York. En 2014 apareceron no programa Late Show with David Letterman, interpretando a súa canción "Possessed" para Bill Murray. Ese mesmo ano foi elixida como abreconcertos para a xira británica de Franz Ferdinand.
En maio de 2016 a banda publicou o seu segundo álbum, Ullages, tamén a través de Partisan Records.[5] Producido por Matt Peel, o título é un anagrama do nome da banda.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Eagulls | 2014 | Partisan Records |
Ullages | 2016 | Partisan Records |