Echium candicans | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Echium candicans | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Echium candicans' L.f. |
A Echium candicans é unha especie de arbusto pertencente á familia das Boraginaceae.
É un arbusto de madeira branda, procedente de Madeira, ten follas vellosas, agrisadas e ensiformes, que se agrupan en grandes rosetas nas puntas das ramas. Na primavera e verán nacen as flores, dun azul entre zafiro e violáceo, en inflorescencias cilíndricas de 60 cm; as flores só miden uns 12 mm de ancho, pero nacen xuntas por centos. De hábito estendido, crece até 1,8 m de altura, pero cunha extensión maior. Echium thyrsiflorum parécese bastante a E. candicans, pero as súas espigas de flores de cor lavanda pálida son máis altas e rectas. Esta especie é menos rechamante e, ao madurar,as súas espigas desordénanse.
Aparece só na illa de Madeira onde adoitan xurdir nas zonas de clima tépedo e húmido na illa, entre os 800-1400 m sobre o nivel do mar (nalgúns casos poden estar en maior altura) . Considérase pouco frecuente na natureza.
Co tempo esta especie foi utilizada polo seu gran valor ornamental e cultívase nos xardíns situados a maior altura madeirense e as marxes das estradas de montaña. Durante moitos anos, cultívase noutras partes do mundo onde é moi apreciada polas súas inflorescencias. É común nos xardíns en países tépedos, e normal nos xardíns de Nova Zelandia, que parece que se naturalizou na terra pedregosa.
Echium candicans foi descrita por Carl von Linné o Mozo e publicada en Suppl. Pl. 131. 1782[1]
Echium: nome xenérico que deriva do grego echium, que significa víbora, pola forma triangular das sementes que lembran vagamente á cabeza dunha víbora.
candicans: epíteto latino que significa "que chega a ser branco".[2]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Echium candicans ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Echium candicans |