A ecocrítica ou ecocriticismo refírese ao estudo das relacións entre a literatura e o ambiente, partindo dun punto de vista interdisciplinario onde todas as ciencias se arrexuntar a fin de analizar as circunstancias actuais relacionadas co impacto humano no ambiente e así procurar achegar posíbeis solucións para a corrección da situación ambiental contemporánea.[Cómpre referencia]
A ecocrítica céntrase en cuestións tales como os valores ecolóxicos subxacentes, a percepción humana dos distintos tipos de natureza do planeta, ou as mudanzas experimentadas por esta ao longo da historia, sempre vinculándoas coa representación que de todo isto se fixo na cultura popular e no que se denomina literatura moderna. Outras disciplinas como filosofía, ética ou psicoloxía son tamén tidas en conta pola ecocrítica.[Cómpre referencia]