Economía de Ghana | |
---|---|
Moeda | Cedi |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 83,18 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 79ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 8,2% (2012) |
PIB per cápita | 3 300 (2012) |
PIB por sector | agricultura 24,6%, industria 27,4%, comercio e servizos 47,9% (2012) |
Inflación | 9,1% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 11,67 millóns (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 56%, industria 15%, comercio e servizos 29% (2005) |
Desemprego | 11% (2000) |
Industrias | {{{Industrias}}} |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 13,58 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | ouro, cacao, madeira, atún, bauxita, aluminio, manganeso, diamante, hortigranxeiros |
Principais mercados | Países Baixos 11%, Reino Unido 9%, Francia 6,2%, Estados Unidos 5,9%, Alemaña 4,6%, Bélxica 4,4% (2007) |
Importacións | 17,52 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | bens de capital, petróleo, alimentos |
Principais mercados | Nixeria 15,1%, República Popular da China 14,9%, Reino Unido 5,2%, Estados Unidos 5,1% (2007) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 11,23 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía de Ghana se fortaleceu grazas a unha sólida xestión durante un cuarto de século, a un ambiente de negocios competitivo e a reducións persistentes nos niveis de pobreza.[1] Ghana é un dos países máis ricos da África tropical, e a súa economía se basea na extracción de recursos naturais e na agricultura. Os principais ítens exportados son o ouro, madeira e cacao. A moeda do país é o Cedi.
A principal fonte de ingresos dos agricultores é o cacao e os seus produtos derivados, que normalmente adoitan consistir en dous terzos da cantía total das exportacións, a madeira, o aceite de palma, o coco e outros produtos de palmeira, o karité, do que se extrae graxa comestible, e o café. Ademais destes produtos tradicionais, Ghana incorporou á súa agricultura novos produtos con éxito, como ananás, anacardio, pementa negra, iñame, mandioca, banana, millo, arroz, cacahuete, feixón e sorgo. Tamén dispón de aves de curral e de carne.
Practícase a minaría — principalmente de ouro, diamantes, manganeso e bauxita— O único pozo petrolífero que había abandonouse tras producir 3.5 millóns de barrís (560 000 m²) durante sete anos, pero hai indicios da presenza de gas natural.
A industria de Ghana está relativamente avanzada se se compara con outros países africanos. As industrias máis importantes son as das áreas dos téxtiles, de aceiro, pneumáticos, a refinaría de petróleo, o moído de fariña, a destilaría, o tabaco, e a montaxe de coches, camións e autobuses.
O sector de servizos responde por 50% do PIB do país.[1] O turismo pasou a ser unha das fontes de ingresos máis saudables (terceira en 1997); e o goberno de Ghana puxo moito énfase en apoiar o crecemento do turismo.