Economía de Ruanda | |
---|---|
Moeda | franco ruandés |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana, CEEAC, CAO, COMESA |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 15,74 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 140ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 7,7% (2012) |
PIB per cápita | 1 500 (2012) |
PIB por sector | agricultura 33,3%, industria 13,9%, servizos 52,8% (2012) |
Inflación | 6,3% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 4.446.000 (2007) |
Forza de traballo por sector | agricultura 90%, industria e servizos 10% (2000) |
Desemprego | dato non dispoñíbel |
Industrias | cemento, produtos agrícolas, bebidas a pequena escala, xabón, móbiles, zapatos, obxectos de plástico, téxtiles, cigarros |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 451,3 millóns (2012) |
Produtos de exportación | café, té, peles, minério de estaño |
Principais mercados | Kenya 32,6%, República Democrática do Congo 13,1%, República Popular da China 11,7%, Malaisia 10,4%, Estados Unidos 5,6%, Suíza 5,2%, Paquistán 4,1% (2012) |
Importacións | 1 559 millóns (2012) |
Principais produtos importados | alimentos, máquinas e equipamentos, aceiro, derivados de petróleo, cemento e materiais de construción |
Principais mercados | Kenya 18,4%, Uganda 16,6%, Emiratos Árabes Unidos 8,3%, República Popular da China 6,9%, India 5,4%, Tanzania 5,4%, Bélxica 4,3% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 1 153 millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Ruanda é un país pobre con 90% da poboación traballando na agricultura (principalmente de subsistencia)[1]. É o país máis densamente poboado de África, con poucos recursos naturais e minerais de importancia, ademais de sufrir de secas e un pobre desenvolvemento tecnolóxico. Todo isto fai que teña unha dependencia económica significativa con Bélxica. As principais exportacións son o café e o té. A minería é a segunda actividade do país, destacando a casiterita, de onde se extrae estaño, ademais de pequenas cantidades de berilio.
O xenocidio de 1994 destruíu a fráxil economía do país e empobreceu severamente a poboación, especialmente as mulleres, ademais de diminuír a capacidade do país en atraer investimentos estranxeiros. A pesar diso, o país fixo progresos significativos en estabilización e na rehabilitación da súa economía a niveis anteriores a 1994. Con todo, o nivel de pobreza actual é máis alto que antes da guerra[1].