Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1918 Caracas, Venezuela |
Morte | 7 de novembro de 1999 (81 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Venezuela |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía, animal ecology (en) e conservação da natureza (pt) |
Ocupación | zoólogo , profesor universitario , ecoloxista , mastozoólogo , embaixador |
Lingua | Lingua inglesa e lingua castelá |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Mondolfi |
Edgardo Mondolfi Otero, nado en Caracas o 15 de maio de 1918 e finado o 7 de novembro de 1999, foi un biólogo e ecólogo venezolano especializado en terioloxía (estudo dos mamíferos).[1]
Mondolfi foi profesor de zooloxía na Universidade Central de Venezuela, asesor do ministerio de Medio ambiente e viceministro de Agricultura.[2] Foi autor de numerosos libros e artigos científicos, incluíndo unha monografía sobre o xaguar xunto con Rafael Hoogesteijn.[1] Realizou un traballo pioneiro na xestión da vida silverstre, e foron célebres as súas campañas para a exploración e protección da fauna de mamíferos de América do Sur.[1][2] Nos últimos anos da súa vida foi embaixador de Venzuela en Tanzania e Kenya.[2] Morreu o 7 de novembro de 1999 de dengue.
Ademais, Gandolfi foi o primeiro descritor de varias especies e subespecies de mamíferos, das cales as seguintes considéranse válidas:
Os zoólogos Daniel Lew, Roger Pérez Hernández e o español Jacint Ventura déronlle á especie de sarigüeia de catro ollos descuberta e descrita por eles en 2006, o nome de Philander mondolfii na súa honra.[3]
Polo seu labor a prol do medio ambiente foi galardoado co Premio Nacional de Conservación Venezuela 1969.[2]
A abreviatura Gandolfi empréganse para recoñecer a Edgardo Mondolfi como autoridade da descrición e nomenclatura en zooloxía.