Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1891 Feltham, Reino Unido (en) |
Morte | 24 de decembro de 1959 (68 anos) Cedars-Sinai Medical Center, Estados Unidos de América (en) |
Causa da morte | complicacións dunha cirurxía |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , actor de cinema , compositor de cancións , guionista , produtor de cinema , realizador |
Lingua | Lingua inglesa |
|
Edmund Goulding, nado en Feltham o 20 de marzo de 1891 e finado nos Ánxeles (California) o 24 de decembro de 1959 foi un actor, guionista, letrista e novelista británico. Desde 1921 traballou nos Estados Unidos de América e acadou un gran recoñecemento como director de cinema.
Goulding tivo varios traballos en medios teatrais de Londres como actor e letrista ata que comezou a primeira guerra mundial. Entón enrolouse no exército e foi ferido.
Trasladouse aos Estados Unidos en 1921, onde desenvolveu principalmente a súa carreira cinematográfica. Os seus filmes máis famosos son dramas como Grand Hotel (1932, con Greta Garbo e Joan Crawford), Dark Victory (1939, con Bette Davis e Humphrey Bogart) e The Razor's Edge (1946, baseada na novela homónima de Somerset Maugham, con Gene Tierney e Tyrone Power).[1] Tamén dirixiu outros importantes filmes como o clásico do cinema negro Nightmare Alley (1947), con Tyrone Power e Joan Blondell).
Morreu durante unha operación cirúrxica no Lebanon Medical Center dos Ánxeles.[1]