(1867) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de novembro de 1836 Madrid, España |
Morte | 13 de setembro de 1873 (36 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Justo de Madrid (1902–) 40°24′07″N 3°43′44″O / 40.401867, -3.728775 |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando Escolas Pías de San Antón |
Actividade | |
Lugar de traballo | España |
Ocupación | pintor |
Membro de | |
Movemento | Q44506816 |
Familia | |
Cónxuxe | Maximina Martínez de Pedrosa (1868–) |
Fillos | Carlota Rosales Martínez de Pedrosa |
Eduardo Rosales Gallinas, nado en Madrid o 4 de novembro de 1836 e finado ibídem o 13 de setembro de 1873, foi un pintor español.[1]
Fillo segundo dun modesto funcionario, que estudou nas escolas Pías de San Antón. Ingresou en 1851 na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, onde foi alumno de Federico Madrazo.
Chegou a Roma en outubro de 1857, polos seus propios medios e sen axuda oficial, aínda que máis tarde conseguiría que lle concedesen unha pensión extraordinaria. Uniuse ao grupo de pintores españois que se reunían no Antico Caffè Greco (Casado do Alisal, Dióscoro Poboa, Fortuny). Alí comezou a asociarse cos círculos puristas nazarenos, pero pronto abandonou esa tendencia, na que realizou a súa primeira obra de importancia, Tobías e o anxo. De seguido interesouse por un estilo máis realista, no que realizou a súa grande obra mestra, Dona Isabel a Católica ditando o seu testamento, conservada no Museo do Prado. Acudiu con ela á Exposición Universal de París de 1867 e logo volveu a Roma, onde chegoulle un telegrama dos seus amigos, o paisaxista Martín Rico e Raimundo de Madrazo, dándolle a noticia do éxito alcanzado polo seu cadro: primeira medalla de ouro para estranxeiros. Concedéronlle tamén a Lexión de honra.
Casou en 1868 coa súa curmá Maximina Martínez Pedrosa e tivo dúas fillas, das que lle sobreviviu unha, Carlota. Á maior, Eloísa, morta ao pouco tempo de nacer, pode verse no cadro Primeiros pasos. Na procura de mellorar a súa saúde, pois estaba enfermo de tuberculose, pasaba tempadas en Panticosa. En 1869 regresa definitivamente de Roma e pon estudo en Madrid. As duras críticas que recibiu a súa obra A morte de Lucrecia (1871) o desanimaron e non volveu pintar cadros de gran formato.
En 1872, buscando un mellor clima para a súa afectada saúde, trasladouse a Murcia. Ao proclamarse a Primeira República española, ofrecéronlle diversos cargos, como director do Museo do Prado ou da Academia de España en Roma, os cales non puido aceptar debido ao seu mal estado de saúde. Morreu na súa casa da rúa de Vállame Deus nº 3, en Madrid, con apenas trinta e seis anos de idade.[2] Enterrado no cemiterio de San Martín, posteriormente os seus restos foron trasladados ao Panteón de Homes Ilustres da Asociación de Escritores e Artistas Españois, na Sacramental de San Justo.[3]
Pintou acuarelas, debuxos e numerosos retratos. A súa obra máis coñecida é de temática histórica. As súas primeiras obras son máis ben puristas, aínda que posteriormente desenvolveu unha pintura máis persoal, cunha pincelada solta e abocetada, inspirada na obra de Velázquez, tal e como recoñeceron pronto os seus primeiros críticos.
En 1922, foi inaugurada, en homenaxe a este pintor, unha grande estatua, esculpida por Mateo Inurria, no paseo de Eduardo Rosales, en Madrid. En 1973, o Museo do Prado dedicoulle a primeira exposición antolóxica dedicada por esa importante institución a un pintor español do século XIX.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduardo Rosales |