Edwin H. McConkey

Modelo:BiografíaEdwin H. McConkey
Biografía
Nacemento1931 Editar o valor en Wikidata (92/93 anos)
Formación profesionalDoutor en Bioloxía
EducaciónUniversidade de Florida
Universidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEvolución, xenética, Xenómica e Bioloxía molecular Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, herpetólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Colorado Editar o valor en Wikidata

Edwin H. McConkey é un zoólogo estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

McConkey obtivo os títulos de BS (1949) e MS (1951) na Universidade de Florida en Gainesville, e o doutoramento na Universidade de California en Berkeley en 1960, onde o seu interese pola historia natural transformouse pola bioloxía molecular. Fixo un traballo posdoutoral con Jean Brachet en Bélxica, e outro con J. D. Watson en Harvard.
Ingresou na Universidade de Colorado en 1966 onde traballou na síntese de proteínas durante moitos anos, despois dos cales a xenética humana dominou a súa docencia e investigación.
É autor, entre outras publicacións, dun libro de texto, Human Genetics: The Molecular Revolution (Xenética humana: a revolución molecular).
Nos últimos anos estivo interesado en estudar a evolución do xenoma humano. A súa investigación céntrase en analizar as rexións do cromosoma humano 18 que estiveron implicadas nunha inversión pericéntrica despois de que a liñaxe humana se separara do último antepasado común cos chimpancés. Tamén estivo activo na organización de esforzos para establecer un proxecto internacional de evolución do xenoma humano.
Na actualidade (2021) é profesor emérito no Departamento de Bioloxía Molecular, Celular e do Desenvolvemento da Universidade de Colorado en Boulder.[1]

Contribuciós á taxonomía

[editar | editar a fonte]

Entre as súas contribucións á taxonomía inclúense a descrición orixinal da especie Anguis incomptus (=Ophisaurus incomptus), e da subespecie Plestiodon egregius similis.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura McConkey emprégase para recoñecer a Edwin H. McConkey como autoridade na desrición e taxonomía en zooloxía.

  1. Edwin H. McConkey en Center for Academic Research and Training in Anthropogeny. Consultada o 28 de maio de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]