EgyptSat 1 / MisrSat 1 | |
---|---|
EgyptSat 1 (á esquerda) antes do lanzamento. | |
Tipo | Observación terrestre |
Organización | Autoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais |
Data de lanzamento | 17 de abril de 2007[1][2][3] |
Foguete portador | Dnepr[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Observación da superficie terrestre.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2007-012A |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7026 km[1] |
Inclinación | 97,9°[1] |
Apoapse | 660,7 km[1] |
Periapse | 650,8 km[1] |
EgyptSat 1 ou MisrSat 1 foi un satélite artificial exipcio lanzado o 17 de abril de 2007 mediante un foguete Dnepr desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]
EgyptSat 1, xestionado pola Autoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais e construído entre esta e a Oficina de Deseño Yuzhnoye de Ucraína, foi o primeiro satélite exipcio de observación da Terra. O satélite estaba baseado no bus MS-1TK e levaba a bordo unha cámara infravermella, unha cámara multiespectral e un sistema de comunicacións de tipo "almacenar e enviar". A resolución da cámara multiespectral era de 7,8 m e a de infravermellos, de 39,5 m. O 19 de xullo de 2010 perdeuse o contacto co satélite ao fallar as comunicacións en banda S. Ata o momento o satélite obtivera unhas 5000 imaxes.[1][2][4][5]