EgyptSat 2 / MisrSat 2 | |
---|---|
Tipo | Observación terrestre |
Organización | Autoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais |
Data de lanzamento | 16 de abril de 2014[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz U[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Observación da superficie terrestre.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2014-021A |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7089 km[1] |
Inclinación | 51,6°[1] |
Apoapse | 718,5 km[1] |
Periapse | 717,9 km[1] |
EgyptSat 2 ou MisrSat 2 foi un satélite artificial exipcio lanzado o 16 de abril de 2014 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]
EgyptSat 2, xestionado pola Autoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais e construído entre esta e a rusa RKK Energia, foi un satélite exipcio de observación da Terra. O satélite estaba baseado no bus 559GK e levaba a bordo unha cámara capaz de sacar imaxes en modo multiespectral, cunha resolución de 1 m, e pancromático, cunha resolución de 4 m. O satélite usaba propulsión iónica alimentada por xenon. O contacto co satélite perdeuse en abril de 2015 a causa dun fallo no sistema de control de voo, rematando a súa misión so un ano despois de entrar en órbita.[1][2][4][5]