Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Barcelonès | ||||
Concello | Barcelona | ||||
Casco vello | Ciutat Vella de Barcelona | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 24.460 (2023) (29.049,88 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 84,2 ha | ||||
El Gòtic (en galego, O Gótico) é un dos catro barrios que forman o distrito de Ciutat Vella da cidade de Barcelona.
O Barrio Gótico é o núcleo máis antigo da cidade e o seu centro histórico. O cardus e o decumanus romanos son os eixos de urbanización históricos do barrio na súa parte máis alta, o antigo Monte Tàber (Plaça de Sant Jaume).
Á súa vez, está composto por diferentes barrios que conservan a súa propia personalidade: la Catedral, el Call i Sant Felip Neri, Sant Just, el Palau, el Pi, Santa Anna i la Mercè.
A estrutura do barrio permaneceu intacta ata o século XIX, período que traerá grandes transformacións na estrutura e morfología do barrio, por exemplo, a transformación dos cemiterios parroquiais en prazas públicas, o baleirado de grandes edificios co consecuente cambio de uso ou a derriba das murallas.
Actualmente consérvanse anacos da primeira muralla na praza da Catedral de Barcelona. Na rúa Ataulfo existe unha capela gótica que pertenecia a un palacio e coñécese pola Capela do Palacio.
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Gòtic (Barcelona) |