El cant dels ocells

El cant dels ocells (en galego O cantar dos paxaros) é unha canción popular catalá de orixe descoñecida e tradicional do Nadal tradicional catalán. A canción explica a ledicia da natureza o día do nacemento do neno Xesús no portal de Belén.

Segundo Joan Amades, o texto desta canción cántase con diversas melodías. A máis coñecida, popularizada por Pau Casals, ten un ritmo suave que se adapta á cantiga de berce, empregándose tamén para este fin.[1]

Pau Casals e El cant dels ocells

[editar | editar a fonte]

O ilustre violonchelista catalán Pau Casals tocouna en numerosas ocasións. Esta canción popularizouse grazas a moitos arranxos que el mesmo fixo, mais cómpre ter en conta que a obra non é súa senón da tradición catalá.

Froito do sentimento catalanista de Pau Casals e dunha conferencia na sede das Nacións Unidas, onde interpretou esta canción con acompañamento de orquestra, El cant dels ocells converteuse nun símbolo de paz e liberdade ao redor do mundo, mais de xeito especial en Cataluña.

En Barcelona é típico honrar aos defuntos ilustres con esta canción o día do enterro ou como despedida silenciosa mentres soa no violonchelo, sexa no ámbito político, deportivo etc.

O mesmo Pau Casals interpretaba esta melodía xeralmente antes de rematar os seus concertos e recitais como un canto á convivencia entre os pobos. Ademais diso, Casals non tocou o violonchelo en países en guerra.

No seu concerto na Casa Branca para o presidente J.F. Kennedy, logo de escoitar a melodía, o mesmo presidente expresoulle: "Fíxonos sentir humildes".

Versións

[editar | editar a fonte]

Realizáronse numerosas adaptacións desta canción, entre as que destacan o seu arranxo para oito violonchelos, ou o seu arranxo para piano e violonchelo.

Outra versión destacada é a do saxofonista Pedro Iturralde, que se inicia cun só de saxofón e desemboca nun conxunto para orquestra de jazz. Tamén se rexistraron versións de diversos cantautores como Lluís Llach, cantantes líricas como Victoria de los Ángeles, grupos de rock (Pastorets Rock) etc. Antes de Pau Casals, Pep Ventura xa compuxo unha sentida e bonita sardana con este nome.

Durante a guerra de sucesión española empregouse unha versión da mesma por parte dos partidarios do Arquiduque Carlos de Austria.

Letra tradicional

[editar | editar a fonte]
Letra en catalán Tradución
Al veure despuntar
el major lluminar
en la nit més ditxosa,
els ocellets cantant,
a festejar-lo van
amb sa veu melindrosa.
L’àguila imperial
se’n vola cel adalt,
cantant amb melodia,

dient: Jesús és nat,
per treure’ns de pecat
i dar-nos alegria
.

Repon-li lo pardal:
Avui, nit de Nadal,
és nit de gran contento!

El verdum i el lluer
diuen cantant,també :
"Oh, quina alegria sento!
Cantava el passarell:
Oh, que hermós i que bell
és l’infant de Maria!

I li respon el tord :
Vençuda n’és la mort,
ja naix la vida mia !
Refila el rossinyol:
És més bonic que el sol
més brillant que una estrella!

La cotxa i el bitxac
festegen al manyac
i a sa Mare donzella.
Cantava el reietó
per glòria del Senyor,
inflant amb biçarria;
el canari segueix:
llur música pareix
del Cel gran melodia.
Ja n’entra el cotoliu
dient: Ocells veniu
a festejar l’aurora!

I lo merlot, xiulant,
anava festejant
a la més gran Senyora.
L’estiverola diu:
No és hivern ni estiu
sinó que és primavera;
puix que és nada una flor
que pertot dóna olor
I omple la terra entera.
Cantava el francolí:
Ocells qui vol venir
avui a trenc de dia
a veure el gran Senyor
amb sa gran resplendor
a dins d’una establia?
Ve cantant el puput:
Eixa nit ha vingut
el Rei de més grandesa!

La tórtora i el colom
admiren a tothom
cantant sense tristesa.
Picots i borroners
volen entre els fruiters
cantant llurs alegries;
la guatlla i el cucut
de molt lluny han vingut
per contemplar el Messies.
Cantava la perdiu
Me’n vaig a fer lo niu
dins d’aquella establia,
per a veure l’Infant
com està tremolant
en braços de Maria.
La garsa, griva o gaig
diuen: Ara ve el maig!
Respon la cadernera:
Tot arbre reverdeix,
tota branca floreix
com si fos primavera.
Xiuxiueja el pinsà:
Glòria avui i demà;
sento gran alegria
de veure el diamant
tan hermós i brillant
als braços de Maria.
El xot i el mussol
al veure eixir el sol
confosos se retiren.
El gamarús i el duc
diuen: Mirar no puc;
tals resplendors m’admiren!
Ao ver despuntar
a maior luminaria
na noite máis avegosa,
os paxariños cantando,
a festexalo van
coa súa voz figureira.
A aguia imperial
voa ceo adiante,
cantando con melodía,
dicindo: Xesús naceu
para nos librar do pecado
e darnos ledicia
Respóndelle o pardal:
Hoxe, noite de Nadal,
é noite de gran contento!
O verderolo e o picaouro
din, cantando tamén:
Oh, que ledicia sinto!
Cantaba o liñaceiro:
Oh, que fermoso e que belo
é o Fillo de María!
E respondeulle o tordo:
Venceuse á morte,
xa nace a vida miña
Chirlaba o rousinol:
É máis belido có sol,
máis brillante ca unha estrela!.
O rabirrubio mailo chaschás
festexan o pequerrechiño
e a súa Nai doncela.
Cantaba a estreliña do norte
para gloria do Señor,
a pega, o tordo e o gaio
din: Xa vén o maio!
Responde o xílgaro:
Toda árbore reverdece,
toda póla florece,
como se fose primavera


Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Joan Amades: Folklore de Catalunya. Cançoner, pàg. 14

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]