El señor doctor | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Miguel M. Delgado |
Produtor | Jacques Gelman |
Guión | Miguel M. Delgado Fernando Galiana Carlos León |
Intérpretes | Cantinflas Marta Romero Miguel Ángel Álvarez "El Men" Prudencia Griffel Wolf Ruvinskis Guillermo Zetina Tony Carbajal Pepito Velázquez Rosa Elena Durgel |
Música | Raúl Lavista |
Fotografía | Rosalío Solano |
Estrea | 1956 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | México |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
El señor doctor é un filme mexicano de 1965 dirixido por Miguel M. Delgado e interpretado por Mario Moreno Cantinflas.
Salvador Medina (Cantinflas) é un doutor que se desenvolve nos arredores da capital, é dicir, é un médico rural. Atópase con moitos e diversos avances tecnolóxicos no eido da medicina, de maneira que el precisa adaptarse ás novas tecnoloxías.
Ten frecuentes conflitos co seu adversario, o doutor Villanueva (Miguel Ángel Álvarez "El Men"), o seu superior. En realidade, o doutor Villanueva o que desexa é a superación científica de Salvador, e, a longo prazo, de feito convértense en cuñados. Na súa actividade médica no hospital, o doutor Salvador Medina, de acordo cos seus principios humanitarios serve a diversos pacientes levantando a súa autoestima, como no caso dunha velliña (Prudencia Griffel) que se sente moi soa e abandonada do seu único familiar, un neto.