Eldest | |
---|---|
Título orixinal | Eldest |
Autor/a | Christopher Paolini |
Ilustrador/a | John Jude Palencar |
Cuberta | John Jude Palencar |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | inglés |
Colección | Inheritance Cycle |
Xénero(s) | Ficción xove-adulto Fantasía |
Data de pub. | 23 de agosto de 2005 |
Páxinas | 668 |
ISBN | ISBN 0-375-82670-X |
Precedido por | Eragon |
Seguido por | Brisingr |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eldest é o segundo libro do Inheritance Cycle de Christopher Paolini e a secuela de Eragon. Eldest foi publicado en tapas duras o 23 de agosto do 2005, e foi lanzado en edición de peto en setembro do 2006.[1] Eldest tamén foi publicado en formato de audiolibro,[2] e para libro electrónico.[3] ó igual que Eragon, Eldest converteuse nun éxito de vendas segundo a Lista de bestsellers do New York Times.[3] A edición de luxo de Eldest foi lanzada o 26 de setembro de 2006, incluíndo nova información e arte tanto do ilustrador como do autor.[4]