Eleccións presidenciais no Senegal

As eleccións presidenciais no Senegal escollen o presidente da República do Senegal, e teñen carácter plenamente democrático dende a proclamación da independencia do país en 1960.

Os últimos comicios presidenciais tiveron lugar o 25 de febreiro de 2007 e reelixiron como presidente do país a Abdoulaye Wade.

Os presidentes da república senegalesa elíxense, dende a última reforma constitucional de 2001, por un mandato de cinco anos, renovábel unha soa vez. Con anterioridade a esta reforma, os mandatos eran de sete anos.

Eleccións presidenciais de 2007

[editar | editar a fonte]

A reelección de Abdoulaye Wade foi esmagadora en practicamente todo o territorio. Por departamentos, só perdeu en Nioro du Rip fronte a Moustapha Niasse, e en Thiès, fronte ao seu alcalde Idrissa Seck. Nalgunhas zonas do país a súa porcentaxe roldou o 80% dos votos.

Candidato Partido Votos %
Abdoulaye Wade Partido Democrático Senegalés 1 910 368 55,86
Idrissa Seck Partido Democrático Senegalés 510.610 14,93
Ousmane Tanor Dieng Partido Socialista Senegalés 463.967 13,57
Moustapha Niasse Alianza das Forzas Progresistas 202.865 5,93
Robert Sagna Takku Defaraat Sénégal 88.390 2,58
Abdoulaye Bathily Liga Democrática - Movemento Político do Traballo 75.759 2,22
Landing Savané And Jef - Partido Africano para a Democracia e o Socialismo 70.666 2,07
Talla Sylla Alianza para o Progreso e a Xustiza - Jëf-Jël 18.014 0,53
Cheikh Bamba Dièye Fronte para o Socialismo e a Democracia - Benno Jubël 17.233 0,50
Mamadou Lamine Diallo Tekki Taaru Sénégal 16.551 0,48
Mame Adama Guèye 13.679 0,40
Doudou Ndoye Unión pola República 9.929 0,29
Alioune Mbaye 9.024 0,26
Louis Jacques Senghor Movemento para a Liberación do Pobo Senegalés 8.208 0,24
Modou Dia 4.488 0,13
Total 3 419 751 100%
Participación 3 467 522 70,5

Eleccións presidenciais de 2000

[editar | editar a fonte]

Por primeira vez na historia do Senegal independente, un partido político distinto do Partido Socialista Senegalés accedía á presidencia da República. Foron necesarias dúas quendas electorais: a primeira celebrouse o 27 de febreiro de 2000 e a segunda o 19 de marzo. Nese momento, o mandato presidencial era por sete anos. O gañador foi Abdoulaye Wade, que derrotou na segunda volta dos comicios o presidente vixente Abdou Diouf.

Primeira volta

[editar | editar a fonte]
Candidato Partido Votos %
Abdoulaye Wade Partido Democrático Senegalés 518.740 31,01
Abdou Diouf Partido Socialista Senegalés 690.917 41,30
Moustapha Niasse Alianza das Forzas Progresistas 280.538 16,77
Djibo Leïty Kâ Unión pola República 118.484 7,08
Iba Der Thiem Convención de Demócratas e Patriotas - Garab Gi 20.164 1,21
Ousseynou Fall PRS 18.604 1,11
Cheikh Bamba Dièye Fronte para o Socialismo e a Democracia - Benno Jubël 16.211 0,97
Mademba Sock Asemblea dos Traballadores Africanos - Senegal 9,326 0,56
Total 1 672 984 100
Participación 1 696 384 62,2

Segunda volta

[editar | editar a fonte]
Candidato Partido Votos %
Abdoulaye Wade Partido Democrático Senegalés 969.332 58,49
Abdou Diouf Partido Socialista Senegalés 687.969 41,51
Total 1 657 301 100%
Participación 1 667 775 60,8%