Eleccións xerais de Groenlandia de 2021

Eleccións xerais de Groenlandia de 2021
 ← 2018 Editar o valor en WikidataGroenlandia Editar o valor en Wikidata
Data6 de abril de 2021 Editar o valor en Wikidata
TipoEleccións xerais de Groenlandia Editar o valor en Wikidata
Cargo elixido31 deputado do Parlamento de Groenlandia. Duración do mandato: 4 Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado41.126 Editar o valor en Wikidata
27.079
   65.84٪
Número de votos válidos26.486    Número de votos en branco 593   Número de votos nulos 593
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
<1
2>
Inuit Ataqatigiit  — Múte Bourup Egede
9.912   37.42٪
Parlamentario 12
<1
2>
Siumut  — Erik Jensen
7.971   30.1٪
Parlamentario
<1
2>
Naleraq  — Hans Enoksen
3.249   12.27٪
Parlamentario
Demokraatit  — Jens Frederik Nielsen
2.452   9.26٪
Parlamentario
<1
2>
Atassut  — Aqqalu Jerimiassen
1.879   7.09٪
Parlamentario

Editar o valor en Wikidata

As eleccións xerais celebráronse en Groenlandia o 6 de abril de 2021, ó mesmo tempo que as eleccións locais.[1] Inuit Ataqatigiit conseguiu ser o partido máis votado, gañando 12 dos 31 asentos no Inatsisartut. O partido no goberno, Siumut, acabou segundo con 10 asentos.[2][3]

En novembro de 2020, o Primeiro ministro Kim Kielsen foi derrotado nas eleccións primarias do partido Siumut, perdendo fronte a Erik Jensen. Porén, Kielsen permaneceu no cargo como primeiro ministro. A rivalidade crecente entre os dous e os desacordos sobre a cuestión da mina de Kvanefjeld levou a Demokraatit a desfacer a coalición de goberno, deixando a Siumut e Nunatta Qitornai con só 12 dos 31 escanos de Inatsisartut.[4] Kielsen non puido formar unha nova coalición de goberno e o Inatsisartut votou para a celebración de novas eleccións.[1][5]

A minaría de terras raras foi un tema central nas eleccións, sendo o depósito de Kvanefjeld, localizado no sur da illa, obxecto a audiencias públicas e campañas partidistas.[6][7] Os metais de Groenlandia son empregados para a manufactura de compoñentes como turbinas de vento e vehículos eléctricos. O proceso é contaminante mais os recursos experimentaron un aumento de prezo por mor da crecente demanda de vehículos eléctricos. O uranio tamén está presente en Groenlandia, mais a extracción deste recurso conta cunha forte oposición dos residentes.[8] Greenland Minerals Limited, unha compañía chinesa con sede en Australia artellou un proxecto para minar na área de Kvanefjeld dende 2007 e estaba no seu "obstáculo final".[9][10]

O partido da oposición Inuit Ataqatigiit pediu unha moratoria sobre a extracción de uranio, poñendo en tela de xuízo o proxecto de minaría de terras raras, mentres que o partido gobernante, Siumut, expresou o seu apoio ao proxecto, citando o crecemento económico como unha razón clave.[11][12][13] Nunha enquisa feita para coñecer a opinión pública sobre a minaría no xacemento de Kvanefjeld, o 63% opúxose a dita actividade, dos cales o 45% estaba "moi en contra.[14] Outros temas, como a independencia, as políticas fronte a COVID-19, a política externa e as opinións sobre as institucións democráticas foron considerados menos importantes en relación co debate da minaría.[10]

Sistema electoral

[editar | editar a fonte]

Os 31 membros de Inatsisartut son escollidos por representación proporcional nunha única circunscrición nacional. Os asentos son repartidos empregando o método D'Hondt.[15]

  1. 1,0 1,1 Greenland’s parliament calls an early election Arctic Today, 17 de febreiro de 2021
  2. "Results - Parliament Election 2021". Greenland Government Authorities. Consultado o 7 de abril de 2021. 
  3. "Anti-mine party wins Greenland election". The West Australian. 7 de abril de 2021. 
  4. McGwin, Kevin (8 de febreiro de 2021). "Greenland’s premier loses majority ahead of new legislative session". Arctic Today. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  5. Lehtinen, Julius (5 de abril de 2021). "Greenland Parliamentary Elections: Independence on the Horizon" (en inglés). Europe Elects. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  6. "Greenland goes to the polls in rare earth mining election" (en inglés). Agence France-Press. 2021-04-06. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-06 – vía the Guardian. 
  7. Overgaard, Sidsel (6 de abril de 2021). "Global Mining Industry Closely Monitors Greenland's Election". NPR (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2021. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  8. Gronholt-Pedersen, Jacob; Onstad, Eric (2 de marzo de 2021). "Mining magnets: Arctic island finds green power can be a curse". Reuters (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2021. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  9. "Greenland’s leftwing anti-mine party wins snap election". The Guardian. Associated Press. 7 de abril de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  10. 10,0 10,1 "Greenlanders head to polls in snap election". Arctic Today. 6 de abril de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  11. Breum, Martin (2021-02-25). "Greenland's snap election exposes global mineral demand". EUobserver (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2021. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  12. "Greenland election shows divide over rare-earth metals mine". Associated Press. 6 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2021. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  13. Quinn, Colm (2021-04-06). "Greenland’s Rare-Earth Election". Foreign Policy (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2021. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  14. Lindstrøm, Merete (5 de abril de 2021). "Meningsmåling: 63 procent er mest imod Kuannersuit". Sermitsiaq (en dinamarqués). Consultado o 9 de abril de 2021. 
  15. Election Profile IFES