Eleccións xerais do Brasil de 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2014 2022 → | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 7 de outubro de 2018, primeira volta nas eleccións presidenciais do Brasil de 2018 28 de outubro de 2018, segunda volta nas eleccións presidenciais do Brasil de 2018 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | grupo de eleccións | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | presidente do Brasil. Duración do mandato: 4 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Primeira volta
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Investidura | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Substitúe: | Persoa elixida: | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Michel Temer | Jair Bolsonaro | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa inmediata de | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
goberno de Jair Bolsonaro |
As eleccións xerais producíronse no Brasil dende o 7 de outubro de 2018, como primeira volta, para elixir o presidente e o vicepresidente, así como o Congreso Nacional, os Gobernadores e Vicegobernadores estatais, as Asembleas Lexislativas estatais e a Cámara Lexislativa do Distrito Federal.[1][2] A segunda volta produciuse o 28 de outubro de 2018, onde resultou elixido Jair Bolsonaro, do Partido Social Liberal.
As eleccións de 2014 resultaron coa candidata do Partido dos Traballadores, Dilma Rousseff, sendo reelixida como Presidenta na segunda volta co 51,6% dos votos, derrotando a Aécio Neves do Partido da Social Democracia Brasileira que recibiu o 48,4% dos votos.[3] Rousseff xa fora elixida por primeira vez nas eleccións de 2010, sucedendo ó seu mentor político, Luiz Inácio Lula da Silva, que estivo no cargo dende 2003 até 2011.
Porén, o 3 de decembro de 2015, os procedementos de acusación contra Dilma Rousseff foron aceptados oficialmente pola Cámara de Deputados.[4][5] O 12 de maio de 2016, o Senado Federal suspendeu temporalmente os poderes e deberes de Rousseff durante seis meses ou até que o Senado chegara a un veredicto: destituíla do seu cargo se a declaraban culpable ou absolvela dos delitos imputados.[6][7] O Vicepresidente Michel Temer, do Partido do Movemento Democrático Brasileiro, asumiu os seus poderes e deberes como Presidente interino do Brasil durante a suspensión. O 31 de agosto de 2016, o Senado votou 61-20 a prol da acusación formal, declarando a Rousseff culpable de violar as leis orzamentais e destituíndoa do seu cargo (Art. 85, Constitución do Brasil). O vicepresidente Temer sucedeu a Rousseff como 37º presidente do Brasil.[8][9][10]
Jair Bolsonaro foi acoitelado o 6 de setembro de 2018 mentres facía campaña na cidade de Juiz de Fora, Minas Gerais e interactuaba cose seus partidarios.[11] O fillo de Bolsonaro, Flávio, declarou que as feridas de seu pai eran só superficiais e que se estaba a recuperar no hospital.[12] A policía detivo e identificou o atacante como Adelio Bispo de Oliveira, quen afirmou que foi "ordenado por Deus para levar a cabo o ataque".[13] Flávio Bolsonaro declarou máis tarde que as feridas inflixidas parecen peores do que se pensaba inicialmente. El chiou no Twitter sobre a condición de seu pai, explicando que a perforación alcanzou parte do fígado, o pulmón e parte do intestino. Tamén afirmou que Bolsonaro perdera unha gran cantidade de sangue, chegando ó hospital cunha presión de 10/3, pero dende entón xa se estabilizara.[11][14][15] A maioría dos outros candidatos na carreira presidencial (de ambos lados do espectro político), e o actual presidente brasileiro, Michel Temer, condenaron o ataque.[16]