A electricidade atmosférica é a electricidade da atmosfera terrestre producida pola existencia dun campo eléctrico vertical e dirixido cara a abaixo.
O ar, por ser dieléctrico, pode ter electrizada toda a súa masa, mentres que a Terra ten electrizada toda a súa superficie. O campo eléctrico atmosférico trasládase cando dúas correntes de aire empuxan as nubes e tormentas. Nunha atmosfera estable, o campo de electricidade aparece dirixido cara a abaixo, e áchase sometido a flutuacións tanto locais coma temporais. Na veciñanza do chan, o potencial é de 100-300 V/m, e a 10 km de altitude, de 10V/m. Trátase de correntes formadas por ións de carga positiva que se dirixen cara á superficie da Terra; e esta, ó estar cargada negativamente, repele os ións negativos e atrae ós ións positivos. Os condutores electrificados positivamente, ó acharse en presenza dun maior número de ións negativos, descárganse con máis rapidez cós do signo oposto. A correspondente compensación precede ás chamadas tempestades eléctricas.