As súas especies distribúense principalmente polo océano Atlántico (norte e sur), agás unha delas, E. palari, que se rexistrou desde o suroeste do océanoPacífico e o Índico oriental, até augas ao redor de Indonesia e Australia, e outra, E. microsicya, no océano Índico occidental.
Antigamente considerábase tamén como membros deste xénero as especies Eledone aldrovandi Montfort, 1802, hoxe identificada con Eledone cirrhosa (Lamarck, 1798).[5] e Eledone thysanophora Voss, 1962, aceptada hoxe como Eledone schultzei (Hoyle, 1910).[6][7]
Polo que respecta a Eledone nigra, trátase dunha especie case descoñecida, descrita polo zoólogo británico William Evans Hoyle en 1910,[8] da que se examinaron un macho e seis femias, exemplares que foron capturados na baía de Luderitz, Namibia, e que só se registrou posteriormente, en 1938, 1941 e 1991, sempre na citada baía.[9]
En augas galegas, de todas as especies citadas máis arriba só se rexistrou Eledone cirrhosa (Lamarck, 1798), citada como Eledone aldrovandii (Raf.) por Ríos Panisse,[10] e como Eledone cirrosa (Lamarck, 1798) e Eledone aldrovandii (Lamarck) por R. Ramonell.[11] que vive en areais na zona da plataforma continental, onde é moi abundante e obxecto de pesca.[11]
↑Hoyle, W. E. (1910): Mollusca: Cephalopoda. Zoologische und anthropologische Ergebnisse einer Forschungsreise im westlichen und zentralen Sudafrika ausgefuhrt in den Jahren 1903-1905, 4 (1): 261-268,
↑Villanueva, R & Sanchez P. (1993): "Cephalopods of the Benguela Current off Namibia; New additions and consideration on the genus Lycoteuthis", J. Nat. Hist.27: 15-46.
↑Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X, pp. 76-77.
↑ 11,011,1Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-2, pp.164-165.
Gofas, S.; Le Renard, J.; Bouchet, P. (2001): "Mollusca" in: Costello, M. J. et al., eds. European Register of Marine Species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Patrimoines Naturels. 50: 180-213. ISBN 2-8565-3538-0.
Hanlon, Roger T. & John B. Messenger (1996): Cephalopod Behaviour. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42083-0.
Nixon, Marion & John Z. Young (2003): The brains and lives of Cephalopods. Oxford University Press. ISBN 0-19-852761-6.
Remane, Adolf, Volker Storch & Ulrich Welsch (1980): Zoología sistemática. "Cephalopoda (Cefalópodos)". Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2, pp. 160–169.
Stevens, Martin & Sami Merilaita (2011): Animal camouflage: mechanisms and function. Cambridge University Press. ISBN 0-521-19911-5.