Elektro-L (en ruso, Электро-Л) é o nome dunha familia de satélites meteorolóxicos rusos. Foi precedido pola familia de satélites Elektro, do que so foi lanzado un elemento debido a problemas de xestión e desenvolvemento. Os satélites Elektro-L, tamén denominados GOMS (Geostationary Operational Meteorological Satellite) están situados na órbita xeoestacionaria e baséanse no bus Navigator, de Lavochkin. Á parte dos sensores meteorolóxicos tamén levan a bordo receptores para o sistema de chamadas de emerxencia SARSAT-COSPAS. Os tres primeiros satélites da familia (Elektro-L 1, 2 e 3) foron lanzados respectivamente o 20 de xaneiro de 2011, o 11 de decembro de 2015 e o 24 de decembro de 2019, os dous primeiros mediante foguetes Zenit-3F e o terceiro cun Proton M.[1][2]