Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1921 Río de Xaneiro, Brasil |
Morte | 28 de decembro de 2018 (97 anos) Estado do Río de Xaneiro, Brasil |
Educación | Universidade Federal do Río de Xaneiro |
Actividade | |
Campo de traballo | Radiactividade |
Ocupación | física, profesora universitaria |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Jayme Tiomno (1951–2011) Oswaldo Frota-Pessoa (1939–1951) |
Descrito pola fonte | Pioneiras da Ciência no Brasil (pt) |
Elisa Frota Pessoa, nada co nome de Elisa Esther Habbema de Maia no Río de Xaneiro o 17 de xaneiro de 1921 e finada na mesma cidade o 28 de decembro de 2018, foi unha física experimental brasileira.
Pioneira da ciencia no Brasil, foi unha das fundadoras do Centro Brasileiro de Investigacións Físicas (CBPF).[1] Pessoa tamén foi a segunda muller en licenciarse en física no Brasil, en 1942. Destacou polos seus estudos de radioactividade con emulsións nucleares, reaccións e desintegracións dos mesóns K e π en emulsións nucleares e reaccións de protóns e deuteróns con núcleos de masa media.