![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1973 ![]() 18º distrito de París, Francia ![]() |
Outros nomes | Elsa (1986–2007) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, artista discográfica, actriz de cinema, compositora de cancións, actriz ![]() |
Período de actividade | 1986 ![]() |
Xénero artístico | Música pop e folk ![]() |
Instrumento | Upright piano (en) ![]() ![]() |
Selo discográfico | Ariola Records Mercury Records ![]() |
Familia | |
Pai | Georges Lunghini ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | e-lunghini.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Elsa Lunghini, nada en París o 20 de maio de 1973, é unha actriz e cantante francesa. Entre 1986 e 2007 empregou o pseudónimo artístico de Elsa, e en 2008 retomou o seu nome completo coa publicación do seu álbum Elsa Lunghini.
Seu pai é o cantante e actor Georges Lunghini e súa nai a escultura e pintora Christiane Jober. É sobriña da actriz e escritora Marlène Jobert e curmá de Eva Green, Joséphine Jobert e mais Joy Green [1][2] .
Con sete anos interpretou o seu primeiro papel no cinema, foi nun filme de 1981 do director Claude Miller, Garde à vue protagonizado por Romy Schneider, Lino Ventura e Michel Serrault. Despois realizou varias películas máis, entre elas La Femme de ma vie en 1986 e foi durante esta película que empezou a cantar, fíxoo con T'en va pas e logrou o éxito, xa que con trece anos foi a artista máis nova en chegar ao número un do Top 50[3], e o tema permaneceu oito semanas como o sinxelo máis vendido cunhas vendas case 900 000 exemplares [4].
En 1988 lanzou o seu primeiro álbum, Elsa, que logrou grande éxito, máis de 800 000 álbums vendidos, e entre as cancións que incluía estaban os éxitos Quelque chose dans mon cœur, Un roman d'amitié un dueto con Glenn Medeiros que foi número un durante seis semanas, Jour de neige, À la même heure dans deux ans e Jamais nous un dueto con Laurent Voulz [5].
En 1990 publicou o seu segundo álbum, Rien que pour ça ..., do que se extraeron títulos como Rien que pour ça, Pleure doucement e Qu'est-ce que ça peut lui faire ?. Este álbum acadou menos éxito que o primeiro, aínda así foi platino, con máis de 300 000 exemplares vendidos, o que lle permitiu ser, en novembro dese ano, a artista máis nova en aparecer no programa principal do Olympia de París.
En 1991 protagonizou Le Retour de Casanova, con Alain Delon e Fabrice Luchini e en 1992 volveu á música co seu terceiro álbum, Douce Violence, diferente aos anteriores, con cancións melancólicas e insolencia; a canción principal "Bouscule-moi", creba a imaxe lene da cantante e revela o seu lado máis adulto e sexy[6], vendeu máis de 200 000 exemplares [7].
Tras a saída deste álbum dedícase ao seu primeiro fillo, Luigi, froito da súa unión co cantante alemán Peter Kröner[8] e non vai gravar outro álbum ata 1996, Chaque jour est un long chemin para o que tamén escribiu as letras[9]. Tivo boas críticas, en especial o sinxelo Sous ma robe pero non acadou o éxito popular[10]. O ano seguinte publicou a compilación Elsa, l'essentiel 1986-1993, que se converteu en disco de ouro[11].
En 2002 protagonizou o telefilme La Mort est rousse con Bernard Giraudeau e Eva Darlan e en 2005 volveu con Trois jours en juin con Guy Marchand. Tras un conflito coa súa discográfica, BMG France[6], asinou con Mercury Records para o que gravou o seu quinto álbum De lave et de sève que saíu en abril de 2004, Elsa foi a autora de boa parte dos textos, co que confirmou o seu status de cantautora. No álbum tamén participaron Benjamin Biolay, Hubert Mounier, Keren Ann e Étienne Daho. Realizou unha serie de concertos na sala L'Européen de París en setembro de 2005, e en abril de 2006 efectuou o seu primeiro directo, despois de vinte anos de carreira[12]. Implicouse na gala de concertos solidarios de les Enfoirés para a asociación Restos du cœur, así como noutras causas benéficas como Sol En Si ou Bout de vie. En 2007 interpretou a Suzanne na adaptación para a televisión da novela de Marc Levy, Où es-tu ? acompañada de Cristiana Reali e Philippe Bas. Emitiuse en xuño de 2008 en M6.
O seu sexto álbum Elsa Lunghini saíu en setembro de 2008, a maioría dos títulos son da autoría de Da Silva, Elsa e Dominique A. Malia saír tres sinxelos do álbum, Oser, Le garçon d'étage e Les tremblements de terre[13], non gozou de éxito e finalmente tanto os concertos en París como a xira por Francia tivo que se anular[14]. En 2009 interpretou o papel de Emma no telefilme Aveugle, mais pas trop de Charlotte Brandström que se emitiu o 14 de setembro de 2009 en TF1, acompañada de Bernard Le Coq. No primeiro trimestre de 2010 participou na miniserie de France 2, La Maison des Rocheville, protagonizada por Alexandre Brasseur, Chloé Lambert e Virginie Desarnauts. Participou nun dueto con Bruno Putzulu coa canción "J’t'aimais j’t'aime" en 2010 e no ano seguinte no álbum de Thierry Gali Il était une fois en apoio da Unicef[15].
En xaneiro de 2017 incorporouse á cuarta tempada da serie policial de France 2, Cherif, no papel de Justine, a compañeira de Cherif[16] e en 2019 fixo o seu primeiro papel teatral, foi na comedia 2+2 de Cyril Gély e Eric Rouquette que dirixiu Jeoffrey Bourdenet,no Teatro Tristan Bernard.