![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 996 (Gregoriano) ![]() |
Morte | 2 de decembro de 1022 (Gregoriano) ![]() |
Lugar de sepultura | Panteón de Reis de Santo Isidoro de León ![]() |
Raíña consorte | |
![]() | |
Outro | |
Título | Consorte real de León ![]() |
Cónxuxe | Afonso V o Nobre ![]() |
Fillos | Vermudo III, Sancha I de Galicia ![]() |
Pais | Mendo Gundisalviz ![]() ![]() |
Irmáns | Ilduara Menendiz ![]() |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Galega Universal ![]() |
![]() |
Elvira Méndez de Melanda, finada o 2 de decembro de 1022, foi raíña consorte do rei Afonso V, o Nobre.
Elvira foi unha das fillas do conde Menendo II Gundisalviz e a condesa Maior. O seu pai, fillo do conde Gonzalo Menendiz dux magnus de Portugal, foi, xunto coa raíña Elvira García, rexente e titor do rei Afonso V o Nobre con quen Elvira contraeu matrimonio.
Finou o 2 de decembro de 1022[1] e recibiu sepultura no panteón de reis de Santo Isidoro de León.[2] O sepulcro de pedra no que foi depositado o corpo da raíña consérvase no presente. Na súa cuberta aparece a seguinte inscrición latina:
H. R. REGINA DOMNA GELOIRA UXOR REGIS ADEFONSI FILIA MELENDI COMITIS. OBIIIT III NON. DEC....JACET HAC IN FOSSA GELOIRAE REGINAE PULVIS ET OSSA PROLES MENENDI, ET TUK, QUAE OBIIT IIII. NON. DEC. ERA LX POST M.[1]
Do seu matrimonio co rei Afonso V en 1015 naceron dous fillos:
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elvira Méndez ![]() |