Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1965 (59 anos) Valladolid, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, directora de cinema |
Premios | |
Elvira Mínguez, nada en Valladolid o 23 de xullo de 1965, é unha actriz española.
Vinculada nos seus inicios ao teatro, Elvira Mínguez participou en obras como Romeo e Xulieta (1989), La cacatúa verde (1990), ou El carro de heno (1991). En 1993 dirixiuse a ela mesma no escenario na adaptación de Crímenes del corazón.
En 1994 o director de casting Paco Pino contratouna para o filme Días contados. A súa interpretación dunha terrorista de ETA valeulle unha candidatura ao premio Goya á mellor actriz revelación e unha mención da Unión de Actores.
Xa introducida no mundo do cinema, Mínguez dirixiu o ano seguinte a curtametraxe El fumador de pipa. A súa carreira como actriz avanzou con pequenos papeis ao servizo de Ricardo Franco en filmes como La buena estrella (1997) ou Lágrimas negras, rodada o mesmo ano en que obtivo o seu primeiro papel protagonista en Me llamo Sara (1998).
En 2002 deu os seus primeiros paso no cinema internacional con dous filmes, The Dancer Upstairs de John Malkovich e The Reckoning de Paul McGuigan. En España, escribiu xunto a Javier Cámara, María Botto, Juan Diego Botto e Joaquín Oristrell o filme Los abajo firmantes como protesta ao apoio do goberno de José María Aznar ao presidente George W. Bush durante a guerra de Iraq.
En 2004 Juan Cruz e José Corbacho seleccionárona para interpretar en Tapas, o seu debut na realización, a Raquel, unha muller divorciada que afoga a súa soidade chateando por Internet e mantendo fortuítos encontros sexuais cun rapaz de vinte e tantos anos. Por esta personaxe gañou a Biznaga de Prata no festival de Málaga e o Goya á mellor actriz secundaria.
En 2015 gañou o premio Mestre Mateo á mellor actriz secundaria por O descoñecido.[1]