Elopidae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Elops sp. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
vexa o texto |
Os elópidos (Elopidae) son unha famlia de peixes cun único xénero, Elops, incluída na orde Elopiformes.[1] O seu nome procede do grego ellops, un tipo de serpe.[2]
Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Cretáceo inferior.[3]
Son principalmente peixes mariños, distribuídos por augas tropicais e subtropicais dos océanos Atlántico e Pacífico, aínda que os xuvenís adoitan vivir en estuarios e remontar os ríos para vivir en auga doce. Son pescados en pesca deportiva.[1]
Teñen o corpo fusiforme, oval e lixeiramente comprimido; grandes ollos parcialmente recubertos con pálpebras adiposas; boca terminal, cunha mandíbula superior que se estende até o bordo posterior dos ollos e unha mandíbula inferior prominente, cunha placa ósea ventral entre as súas dúas branquias; gran pseudobranquia; o estado larva é translúcido.[1]
Normalmente teñen entre 20 e 25 raios na aleta dorsal, cunhas aletas pélvicas que se inertan por baixo ou por detrás da orixe da aleta dorsal; tanto a aleta dorsal como a anal teñen a súa base cunha vaíña escamosa; as aletas pectorales e pélvicas teñen ósos auxiliares de proxección.[1]
Existen seis especies agrupadas neste xénero e familia:[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elópidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Elópidos |